Se muestran los artículos pertenecientes a Noviembre de 2008.
I Campionato Veciñal de Chave Raigame
Prezado asociado:
Pola presente, convídote ó
I Campionato Veciñal de Chave Raigame
Data: sábado 29 de novembro de 08
Lugar: Praza de Vigo
Horario:
- Pola mañá ( de 11 h a 13 h. ) : Iniciación e práctica para nenos, mulleres e principiantes
- Pola tarde : Competición a partires das 16,00h.
Inscrición: de balde, libre, e por parellas, nos locais patrocinadores que se citan, e tamén: por correo electrónico en raigame@telefonica.net , no teléfono 676001763 , ou no mesmo día 29, ata as 16 horas, na Praza de Vigo.
Premios: Gañadores: 1 carneiro e Trofeo.
Finalistas: Trofeo Raigame.
E durante a xornada....
¡¡¡POLBADA POPULAR !!!
Pecharemos a Rúa Nova de Abaixo para que dúas polbeiras nos farten de polbo, pan e bebida, a prezos populares !!!!
Organizan: Asociación de Veciños Raigame e Asociación de Xogadores da Chave de Santiago
Patrocinan: : Asador Castellano, Pizzeria Oasis, Hamburgueseria Chiquito, Bocatería Frankfurt, Tapería Castelao, Bar la Viura, Bar Tio Gilito, Cervexería Calle Nova, Bocatería Raíces Galegas ,Bodegón Gonzaba e Forno de Compostela
Colabora: Concello de Santiago
Ven a disfrutar con nós, dunha festa típica compostelá !
Asinado : Xaquín Mato Castro (presidente de Raigame)
Proposta de candidatura ó premio Vagalume
XVI Edición do premio VAGALUME –Novembro 2008 –
A Asociación de Veciños Raigame e os catro representantes veciñais urbanos no Consello de Relacións Veciñais de Santiago, todos abaixo asinantes, presentan a candidatura, ó premio Vagalume (individual ), de XOSÉ LOIS VEIGA GOI, xogador, monitor, mestre e auténtico impulsor do xadrez compostelán.
Veiga, como é coñecido popularmente en toda a cidade, é un pioneiro e un divulgador incansable deste deporte minoritario, pero atractivo é valioso para a formación de nenas e nenos.
Se facemos unha enquisa entre os pais que levan ou levaron ós seus fillos a actividades complementarias ou extra-escolares, todos falarían de Veiga e o seu maxisterio pedagóxico cos máis pequenos no pavillón da USC, o pé das piscinas universitarias: cunha paciencia infinita e un sorriso – nunca un mal xesto – Veiga ensinou os rudimentos do xadrez, a milleiros de nenos composteláns, só coa única recompensa da satisfacción e ledicia, pola progresión no xogo e na instrucción dos alumnos.
E cando, desde o colectivo veciñal, chamamos a súa porta para organizar campionatos ou festas de xadrez, sempre estivo disposto e optimista: facía chamadas, carrexaba os taboleiros, orientábanos en todo canto descoñecíamos e, o final, aínda curaba as feridas dos que non aceptaban a derrota....
E, para rematar, aínda que solo fose polo seu mérito deportivo, a cidade de Santiago, pode estar ben orgullosa de Xosé Lois Veiga Goi: un dos moitos froitos do seu desinteresado ensino é DIEGO SUAREZ POUSA ( n.1976 ) o primeiro compostelán Mestre Internacional de Xadrez ( 2431 puntos ELO ).
En Santiago de Compostela, novembro de 2008
Asinan:
O Presidente da A.Vv. Raigame e os catro representantes urbanos no Consello de Rr.Vv.:
Xaquín Mato Castro / María Teresa Barral Ameigeiras / Juan José Álvarez Carril / Agustín Pena Herva / Xosé Martínez Otero



