Blogia

RAIGAME

Recomendacións e avisos con motivo da visita de Benedicto XVI a Santiago

A continuación achéganse unha serie de recomendacións e avisos en materia de tráfico, transporte, accesos, estacionamento e de carácter xeral con motivo da visita da Súa Santidade o Papa Benedicto XVI a Santiago de Compostela.

DISPOSITIVO DE TRÁFICO

Os actos da visita terán lugar, en dúas zonas determinadas da Cidade: Centro Histórico - entorno da Catedral – e nos arredores da antiga estrada N-634a (Recorrido do Papa Móbil aeroporto – centro cidade).

A Policía Local deseñou un dispositivo para que os cortes e os desvíos de tráfico, na medida do posible, tan so se realicen nos momentos nos que sexa estritamente necesario polo movemento de persoas e polo desenvolvemento dos actos.

O dispositivo de tráfico, que comezará ás 00 horas do día 5 e se prolongará ata as 22:00 horas do sábado 6, contempla 3 perímetros de actuación:

O PERÍMETRO DE INFORMACIÓN, no que haberá policías situados co obxectivo de informar en caso de necesidade, regulando e axilizando o tráfico de entrada á cidade.
EXemplos: Rotonda de Vidán, Rotonda Volta do Castro, Rotonda Conxo, Hórreo – Romero Donallo (Rotonda Galuresa), Cruce Concheiros, Praza de España, Cruce de Peón.

No PERÍMETRO DE REGULACIÓN OU APROXIMACIÓN, próximo ao casco histórico e ao itinerario de acceso da comitiva á cidade, os policías terán o obxectivo de permeabilizar a zona, sendo flexibles co tráfico en función de cada momento do día e da fluidez do mesmo. O acceso a este perímetro do transporte público, abastecemento e residentes estará garantido.

Exemplos: Cruce do camiño Novo, Hórreo – Avda. de Lugo, Rotonda Bernardo Barreiro, Praza de la Paz, Avda. Castelao – Burgo, Pombal.

E o terceiro perímetro, o PERÍMETRO DOS ACTOS, onde, loxicamente, non se poderá circular con vehículo por cuestións de seguridade e porque estará ocupado por peóns.

É moi importante tamén destacar que os veciños poderán acceder con absoluta normalidade aos seus domicilios, ao igual que sucederá coas persoas que traballan nas zonas de influencia dos actos.

O resto dos veciños do centro da cidade con aparcamentos privados poderán estacionar nas súas garaxes cando a ocupación das vías de acceso o permitan e sempre que non estean en marcha as comitivas, salvo a área de influencia da N-634a, (antiga estrada do aeroporto), que poderían sufrir en maior medida estas restricións.

TRANSPORTE URBANO

En canto aos autobuses urbanos, vaise facilitar un sistema de autobuses lanzadeira que funcionará de forma ininterrompida desde as 7.00 horas con especial atención ás zonas de aparcamento de vehículos particulares. Así, haberá lanzadeiras desde o Mercado de Amio e Polígono do Tambre (Vía Edison) ata o aparcamento de borde de Salgueiriños; desde as zonas de aparcamento do sur, aparcamento de Santa Marta e cercanías do Campus Sur (Mestre Mateo) ata a estación de autobuses; e unha terceira lanzadeira específica desde o centro da cidade (rúa Ramón Piñeiro) ata a estación de autobuses.

Reforzarase a liña 7 (Valle Inclán a Aríns pasando por Virxe da Cerca, Praza de Galicia, Castrón D’Ouro, Sar, Aríns e Monte do Gozo) con frecuencias de 20 minutos desde as 7.00 h ata as 22.00 horas.

Para máis información estará a disposición dos usuarios o número de teléfono de información do transporte urbano 901 12 00 54, así como a páxina web www.tussa.org.

ACCESOS

Non se poderá realizar o acceso nin a saída de vehículos de residentes ao Casco Histórico dende as 7:00 ata as 22:00 horas do 6 de novembro.

Non se autorizará ningún permiso de entrada dende as 22:00 horas do 5 de novembro ata as 22:00 horas do día 6.

O acceso do público á praza do Obradoiro realizarase por Fonseca.

Por motivos de seguridade, non se permitirá a pernocta na Praza do Obradoiro aínda que se facilitará o acceso á xente que queira transitar pola praza a noite anterior. O acceso abrirase ás 8 da mañá do día 6 de novembro.

Todas as persoas que queiran acceder ao Obradoiro ou ás súas inmediacións pasarán dous controis ou filtros de seguridade, nos que se controlará a documentación das persoas e se inspeccionarán os obxectos que porten. Non se poderá acceder con mochilas que deberán depositarse nas consignas habilitadas na Casa do Deán, no Instituto Rosalía de Castro e no Pavillón Municipal Lorenzo de la Torre (inmediacións dársena da Avda. Xoán XXIII).

O acceso e a saída de Autobuses á dársena de Xoán XXIII so se poderá facer pola Avda. do Burgo das Nacións, e estará reservado para persoas con problemas de mobilidade.

ITINERARIO DA SÚA SANTIDADE

Aeroporto Lavacolla, Avenida do Aeroporto, (N-634a), Avda. San Marcos, Costa de San Marcos, San Lázaro, Avda. do Camiño Francés, Pza. de España, San Caetano, Pza. da Paz, Avda. Xoán XXIII.
DISTANCIA: 11,6 KM.
TEMPO ESTIMADO: 30 MINUTOS.
HORA DE SAÍDA: 12,30H con chegada aprox.. ás 13,00h á Praza da Inmaculada.

AVISOS XERAIS

Non haberá limitación para o paso dos peóns polo casco histórico

En previsión da importante presenza de persoas na zona vella, aconséllase aos veciños e veciñas do Casco Histórico que necesiten moverse co seu vehículo que o fagan antes das 7.00 do sábado 6.

Haberá recollida de lixo tanto o venres como o sábado, pero non se poderá botar aos contedores antes das 22h.

Os seguintes pavillóns non terán actividade durante o día 6: Lorenzo de la Torre, Santa Isabel, Vite I (Colexio), Campo de Fútbol de Santa Isabel e as Cancelas.

Non se poderán ubicar mimos, postos de venta, medalleiras, nin artistas de rúa no Casco Histórico.

Anularase a parada de taxis de Dúas Portas (zona San Francisco).

INDICACIÓNS DE ESTACIONAMENTO E CARGA E DESCARGA

Non se poderán estacionar vehículos nas rúas Carretas e Hortas dende o 28 de outubro ata o 8 de novembro por mor do dispositivo despregado pola TVG, que dá o sinal internacional do evento.

Os residentes no Casco Histórico non poderán estacionar os seus vehículos desde as 22:00 horas do 5 de novembro ata as 22:00 horas do día 6.

Non se poderán estacionar vehículos dende a rotonda de San Lázaro ata a praza do Obradoiro dende o día 4.

Non se poderá realizar a carga e descarga no Casco Histórico o 6 de novembro, agás na Praza de Abastos que funcionará con normalidade, permitíndose a carga e descarga e a subida pola rampa da Praza, a Travesía da Universidade e a Virxe da Cerca.

Non se poderán instalar as terrazas das Prazas de Raxoi, Quintana e Cervantes.

 

Para mais información prema no seguinte enlace:

http://www.santiagodecompostela.org/hoxe/nova.php?id_nova=6599&lang=gal

  

CONCERTOS DA REAL FILARMONÍA. Prezos especiais para a veciñanza

A Concellaría de Cultura do Concello de Santiago, repite por terceira tempada a súa promoción da Real Filharmonía, con prezos especiais para o colectivo veciñal.

 Así que, pola nosa banda, interesados en difundir a música clásica entre asociados e veciños, acordamos comprar o Abono de 151 euros (30 concertos : 120 entradas) para distribuílo de balde, entre os socios interesados (catro persoas por concerto)

 Os Concertos soen ser os xoves de cada semana, así que poden facer a reserva por correo electrónico en raigame@telefonica.net, ou na papelería Xaquín (Rua Nova de Abaixo, 16) antes do mércores anterior ao concerto

 O programa de Abono, pódese acadar no Auditorio de Galicia, na Oficina de Turismo da Rúa do Vilar, ou consultar na páxina web www.compostelacultura.org

 Preme AQUI se queres ver o programa do concerto

 Confiando que esta iniciativa sexa do seu interese, agardamos as súas novas.

Un saúdo a todos e todas

Nova Gardería no Ensanche. Matrícula

Preinscripción e Matrícula na Escola Infantil do Ensanche

O venres 30 de xullo publicouse o anuncio da resolución do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar do prazo de preinscrición e matrícula de usuarios/as da escola infantil de Tras Parlamento.

O prazo é do 2 agosto ao 10 de setembro e as instancias deberán presentarse na Escola Infantil de San Roque ou na do Tambre.

Unha vez transcorrido o proceso coa publicación de listas provisionais de admitidos, o período de reclamación e a publicación de listas definitivas, o prazo de matrícula será do 5 ao 15 de outubro.

Lugar de presentación de instancias de preinscrición:

- Escola Infantil de San Roque
Rúa das Rodas, Nº30
15703 Santiago de Compostela
Tfno.: 981 528704

- Escola Infantil do Tambre
Rúa das Mulas s/n
Polígono do Tambre
15590 Santiago de Compostela
Tlfno.: 981 528705

Máis información:

CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR
www.igualdadebenestar.org

CONCELLO DE SANTIAGO
DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN
TELÉFONOS: 981 554 400/401
FAX: 981 571511
dptoeducacion@santiagodecompostela.org
www.santiagodecompostela.org

VISITA AS CUBERTAS DA CATEDRAL sabado 15 de maio 2010 ás 13.00h

VISITA AS CUBERTAS DA CATEDRAL sabado 15 de maio 2010 ás 13.00h

A nosa asociación fará o vindeiro sabado 15 de maio unha visita guiada para os/as socios/as aos tellados da catedral cunha duración aproximada dunha hora.

Caracteristicas da actividade:

  • DURACIÓN: 1 HORA (Visita guiada polo persoal da Oficina de Cubertas da Catedral de Santiago)
  • NUMERO DE PRAZAS: 20 prazas para os primeiros en inscribirse.
  • PUNTO DE ENCONTRO: quedaremos 10 minutos antes na entrada do Pazo de Xelmirez situado na Praza do Obradoiro
  • A visita levarase a cabo independentemente da climatoloxía. Recoméndase levar calzado e roupa cómoda. Lembramos que para acceder hai que subir máis de 60 peldanos.

Cómo anotarse:

  • No correo da asociación: raigame@ telefonica.net ou no teléfono 699 191 044 a partir das 19 horas
  • Lembra anotarte antes do mércores 12 de maio

A actividade ten coma único requisito estar ao corrente no pago das cotas do ano 2010. Cada socio pode levar un acompañante

- No Ano Santo...segue a degradación da " movida" -

 

Ilmo. Sr.

   Novamente, dámoslle traslado dos problemas causados pola “movida” semanal que se producen, basicamente, nas noites de mércores a sábado, no ensanche compostelán.

 

 Son tres tipos de feitos, cada vez más habituais :

 

a)       actos de vandalismo e porcallada : Arrincan buzons, apliques, bombillas , deterioran portais. Beben, mexan  e vomitan, sen control e emporcallan todo : desde entradas de comunidades de vivendas, ata os espazos públicos.

 

b)      Ruídos molestos : Falan a berros, oubean, cantan, tocan nos telefonillos, etc..

 

 

c)       Pelexas : Xa é habitual que cada noite de”movida” haxa pelexa multitudinaria....diante do “Guayaba”

 

 

Entendemos que por parte do Concello que V.I. preside, hai unha deixación de funcións , pois non se actúa coa dilixencia necesaria para :

 

-evitar actos vandálicos,  pelexas, deterioro do mobiliario

-facilitar o elemental dereito o descanso dos veciños

-facer cumprir a lei de horarios e as ordenanzas de convivencia

 

Polo tanto, demandámoslle que, de inmediato, tome as medidas oportunas para poñer fin a estes problemas , antes de que ocurra unha desgracia ou se deteriore irremediablemente a convivencia na zona

       É fundamental que haxa unha presencia policial abondosa pola noite : se non pode ser Local, que    sexa Nacional, ou Autonómica.

Abondosa, habitual e traballadora.

Con esa presencia e  ese traballo, estaría solucionado a maior parte do problema.

Estamos dispostos a reunirnos con vostede e cos seus colaboradores para transmitirlle a gravidade da situación .

 

En Santiago, 22 de marzo 2010

Xunta directiva da A.Vv. Raigame

 

 

 

Nº rexistro : 15013

Mudámonos !. Ver enderezo e teléfono ....Febreiro 2010

         Mediante a presente comunicamos que o noso novo enderezo e domicilio social é :

 

 

 Asociación de Veciños Raigame

-Centro S.C. e Xuvenil o Ensanche –

Rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16

15701 SANTIAGO

 

 

 

       Rogamos tomen nota pois o  Local da Praza de Vigo, pechou definitivamente.

Para calquera dúbida escríbannos o noso correo electrónico  raigame@telefonica.net

ou chámennos , a partir das 19,00h. , ó 699191044

Cobros, 2010 . Aberto o prazo...

Asunto :  Cobros, 2010

 

 

 

 

Prezado socio :

 

      Mediante a presente comunicamos que abrimos  o prazo de pagamento das cotas de asociado, a partires do martes día 2 de marzo, co seguinte calendario :

 

 

Importe anual  : 10 euros

 

Días de pago : martes e xoves

 

Horario : de 19,30  a 21,00 h.

 

Sitio : Centro O Ensanche - Frei Rosendo Salvado 14 –

 

Último día : martes 30 de marzo.

 

 

       Agradecido pola súa fidelidade, saúdos veciñais

 

 

 

Asdo.

 

Xaquín Mato

(presidente )

Noites sen descanso...

 

Ilmo. Sr. :

        Trasladámoslle o malestar veciñal, ante a imposibilidade de descansar pola noite, na zona comprendida entre a Praza de Vigo, Rúa Nova de Abaixo, Santiago del Estero.

        Nos últimos tempos, as queixas dos residentes aumentan considerablemente polos tombos, berros, ouveos, pelexas , golpes.... que se producen nas noites da semana, a partires do martes, e ata o sábado :

        Son zonas  especialmente conflictivas : 

 - Cruce da Rúa Nova con Santiago del Estero: diante do “Guayaba”

  - Galerías Belén nº 10 da Rúa Nova  de Abaixo. : fronte a “Central Perk “

  -  Santiago del Estero

-  Santiago de Chile desde Frei Rosendo Salvado ata Praza de Vigo

 

       Hai moitos rapaces, cada vez máis novos, que son particularmente conflictivos ; violentos: se non pelexan entre eles, golpean o mobiliario urbano e mesmo as  portas e portais das comunidades.

 

      Ante esta degradación na convivencia, cada vez máis acusada,  solicitamos unha actuación enérxica do Concello que V.I. preside :

 

 -  cunha maior presencia  e actuación  inmediata, da Policía Local, nas horas problemáticas : a partir das tres (3) da mañá : cando a xente  segue nas rúas , en moi malas condicións

 

-  cunha coordinación efectiva e práctica co resto das institucións : Xunta, Goberno de España...a fin de levar a cabo eficazmente as competencias de todos, para evitar estas situacións  - que se repiten cada vez máis, diante do abandono  de funcións  dos organismos oficiais.

 

        Non podemos deixar que a situación se deteriore máis.

Se o Concello non actúa, desde esta asociación veciñal estudiaremos medidas para erradicar un  incivismo tan pernicioso, e facilitar o dereito o descanso dos veciños.

 

        En Santiago, a  18 de Febreiro de 2010

Asinado:

Xunta directiva de Raigame

Nº rexistro 8982

Ruido de camións. Imposible durmir...

 

Ilmo. Sr. :

 

        Trasladámoslle o malestar veciñal, ante a imposibilidade de descansar polas madrugadas, debido a descarga de camións .

     A partires das 6 da mañá, empezan a chegar camións  para descargar en Carrefour Express ( Montero Ríos,33 ).

 

     Hai dous tipos de transporte :

 

 -Os perecedoiros: co seu motor de frío funcionando permanentemente – Un ruído moi forte na madrugada-.

- A paquetería : descargando palets de material desde a isleta, e levados ata o almacén cunha transpaleta anticuada e ruidosa,   a máis non poder.

 

    Esta situación repítese tódalas mañás,  de luns a venres, coa conseguinte molestia para os veciños e residentes na rúa Montero Ríos.

     Desde a asociación de veciños, solicitamos unha actuación inmediata do Concello que concilie o dereito o descanso, co dereito ao comercio...

     Na actualidade, existen medios para evitar o ruído de motores frigoríficos e xa non digamos dos rodamentos.

     Apelamos a súa sensibilidade para poñer fin a estas eivas, que impiden o elemental dereito a saúde dos veciños.

 

        En Santiago, a  18 de Febreiro de 2010

 

 

 

 

Asinado:

Xunta directiva de Raigame

 

 

Nº rexistro :8982

Perigo ! plaquetas soltas ...

Reproducimos escrito presentado o día 29 de decembro no Concello,  relativo o perigo das beirarrúas na rúa Nova de Abaixo...(nº 66358 )

 

 

Ilmo. Sr. :

 

       Na rúa Nova de Abaixo, empezan a deteriorarse as plaquetas das beirarrúas, en especial as que dan entrada o garaxe e restaurante   do nº 5.

 

     Este deterioro corresponde a rotura do propio pavimento, e tamén ó desprendemento do material de agarre, quedando soltas.

 

     Como comprenderá  estas eivas no chan son perigosas para os camiñantes e peóns , en especial as persoas maiores, que poden sufrir unha caída, ou mancarse gravemente.

 

     Solicitamos que de instruccións para que se faga unha inspección en toda a Rúa, e arranxar canto antes as pezas deficientes.

 

Democracia participativa...

Reproducimos  a entrevista que lle fixo a Voz de Galicia ó secretario da Asociación de Veciños Raigame, na edición Local do domingo día 25

Entrevista | Agustín Pena

secretario da asociación de veciños Raigame do ensanche compostelán «Os veciños queremos participar na vida de cidade aportando ideas»

 

Agustín Pena considera que a estación do AVE e a remodelación da praza de Galicia son dúas excelentes oportunidades para unir o Ensanche co resto da cidade

Autor: Marga Mosteiro Fecha 25/10/2009

Agustín Pena é secretario da Asociación de Veciños Raigame do Ensanche e tamén un dos máis activos representantes veciñais do ámbito urbano no Consello de Relacións Veciñais do Concello de Santiago.

-¿Que lle falta ao Ensanche para ser un lugar perfecto para vivir?

-O Ensanche mellorou moito nos últimos anos, pero aínda queda moito por facer. Penso que máis que obras, falta corrixir unha serie de carencias, o que depende da boa vontade de todos. Dos políticos, pero tamén da xente, dos hostaleiros, dos empresarios, de nós mesmos.

-¿Non son moitos para poñerse de acordo?

-Pero paga a pena.

-¿Cales son as cousas que deben mellorar?

-A limpeza, por exemplo, fan falla máis camións, máis varredores polo día e, sobre todo, o Concello ten que implicarse máis para concienciar á xente. Hai que traballar máis a limpeza xeral; non poden estar as farolas cheas de pegadas. A imaxe hai que coidala. É certo que non é cousa só do Concello, tamén da xente, pero o Concello ten que facer cumprir as normas. Outra cuestión son os aparcamentos para motos; nós pedimos un reservado en Fernando III O Santo, pero non atenderon a petición. Se me ocorren outros, como a sinalización. Sabes que non hai ningún sinal no Ensanche para ir á Catedral; os turistas que aparcan nos aparcamentos do Ensanche teñen que preguntar por onde se vai á Catedral. É como se o Ensanche fora outra cidade.

-A proposta veciñal para a praza de Galicia era moi arriscada, pero na súa esencia estaba lograr a conexión Ensanche-casco...

-Exacto. Hai que cambiar o chip. Non se pode ir co coche a todas partes. Nós propoñiamos peatonalizar a Senra, nós cremos que non se pode cambiar só a praza. A remodelación da praza é unha oportunidade para facer unha reforma integral da zona, incluídas as rúas cercanas. Trátase de integrar, non de separar. Ao Ensanche fáltalle a conexión co casco histórico, aínda que algo mellorou; xa non é como hai 15 ou 20 anos, pero segue a ser unha realidade.

-¿Que vai significar a estación do AVE para o Ensanche?

-Outra oportunidade para escoitar aos veciños, pero están falando entre eles. Non hai información aos veciños, que ao final somos os que sufriremos as consecuencias. O plan o farán os técnicos, que certamente son expertos, pero os veciños coñecemos esta cidade e as súas particularidades. A estación é unha oportunidade para romper co illamento que supón a barreira da avenida do Hórreo. Temo que non escoitarán aos veciños, pero tampouco ao Colexio de Arquitectos, nin aos empresarios nin aos comerciantes. Non pedimos que fagan o que nós queremos, pero polo menos que escoiten como vemos nós o problema.

-¿Séntense os veciños escoitados polo Concello?

-Dende hai uns poucos meses un pouco máis, pero aínda poden mellorar moito. Coido que teñen unha idea equivocada dos veciños. Nós facemos críticas construtivas. Os veciños vivimos a diario cos problemas e moitas veces vemos cuestións que eles nin sequera se plantexaron.

-¿Por que non os escoitan?

-Quizais sexa medo, eu que sei. Eu creo na democracia participativa e os políticos só falan de democracia representativa.

-Participativa quere dicir intervir nas decisións políticas. ¿Aí pode estar o medo?

-A decisión final sempre a teñen eles. Nós non queremos tomar as decisións, pero tanto os veciños como outros colectivos teñen moito que dicir. Os proxectos están feitos por expertos que non viven a cidade, que non a coñecen como os que a vivimos a diario. Aportamos ideas, non queremos poñer atrancos. Hai que abrir debates, deles poden saír solucións para as cousas que afectan aos veciños.

Noutras zonas da cidade consideran que o Ensanche é o barrio mimado polo Concello. Pena non está de acordo.

-Non creo que sexa así. O Ensanche é o motor económico da cidade, é dinámico e está vivo. O Ensanche xera moitos recursos ao Concello. Pensa só nos aparcamentos, é unha fonte de ingresos. Pero, aínda que non podemos queixarnos en exceso, falta que nos teñan en conta cando fan cousas. Sempre se presentan as ideas pechadas, sen que poidas aportar cousas.

-¿O Ensanche superou o problema do ruído nocturno?

-Xa non ten nada que ver co que pasaba hai anos. Puntualmente, nalgún momento pode haber problemas, pero xa non é o que era. Agora estamos detectando un problema maior: o consumo de alcol dos adolescentes. Cada venres poden verse, cada vez máis, adolescentes bébedos. Os xoves tamén hai chavales, pero son algo maiores. O venres son rapaces e rapazas, de 15 ou 16 anos, borrachos e borrachas, tumbados na rúa, comas etílicos. Cada día hai máis. Coido que todos temos que poñer os medios para pór remedio a unha situación preocupante. Preocúpanos moito. Non sei quen é competente, pero son menores. ¿Onde están os pais?, ¿por que se lles vende alcol?. As autoridades locais traballaron moito na loita contra os excesos de horarios e mellorouse moito. Agora, pais, autoridades, educadores, policía, teñen que unirse para resolver o novo problema. Non é fácil, pero paga a pena.

ttp://www.lavozdegalicia.es/santiago/index.htm

 
http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2009/10/25/0003_8060419.htm
 
http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2009/10/25/0003_8060418.htm

Música clásica, de balde, para os veciños

Prezado  Asociado:

 

           A Concellaría de Cultura do Concello de Santiago, repite por segunda tempada a súa promoción da Real Filharmonía, con prezos especiais para o colectivo veciñal.

 

          Así que, pola nosa banda, interesados en difundir a música clásica entre asociados e veciños, acordamos comprar o Abono de 155 euros ( 30 concertos : 120 entradas ) para dstribuilo de balde, entre os socios interesados- / catro persoas por concerto /-

 

      Os Concertos soen ser os xoves de cada semana; pódese  facer a reserva por correo electrónico : raigame@telefonica.net , ou en papelería Xaquín ( Nova de Abaixo, 16 ) antes do mércores anterior.

 

      O programa de Abono, pódese acadar no Auditorio de Galicia, na Oficina de Turismo da Rúa do Vilar, ou consultar na páxina web

 

http://www.compostelacultura.org/imxd/noticias/doc/1253106839RFG_09_completo.pdf    

 

 Confiando que esta iniciativa sexa do seu interese, agardamos as súas novas.

Compostela, outubro 2009

chega outubro : retorna o botellón; "desaparecen" os gobernantes

Reproducimos a crónica de El Correo Gallego, do día 3 de outubro do presente 2009, onde aparecen as declaracións do noso presidente Xaquín Mato.

.....

http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/primer-macrobotellon-curso-calienta-animos-ensanche/idEdicion-2009-10-03/idNoticia-473354/

Compostela amanecía ayer con un cóctel explosivo de resaca e indignación. Además de resucitar las insaciables noches de movida, el inicio del curso universitario pone contra las cuerdas a centenares de vecinos que prefieren dormir. Hasta 3.500 jóvenes se concentraron en la madrugada del viernes en el Campus Sur, según la administración local. Vetado el acceso a la zona del parque infantil, los estudiantes se reúnen ahora en las pistas deportivas y alrededores.

El dispositivo especial -integrado por agentes de las policías nacional y local- conseguía abortar, no obstante, siete botellones improvisados en la praza do Obradoiro, rúa de Raxoi, Arco de Palacio, A Quintana, Algalia de Abaixo, praza Roxa y Feáns. Los efectivos de seguridad se vieron obligados también a desalojar cinco viviendas (Santiago de Chile, Frei Rosendo, A Rosa, rúa do Morón y O Pexigo) a causa del ruido ocasionado por otras tantas fiestas. Ya a primeras horas de la mañana, varias personas fueron interceptadas en la rúa Xeneral Pardiñas arrancando flores y plantas.

Pese a que buena parte de la comunidad universitaria no se instalará en Compostela hasta dentro de unos días, cierto es que la puesta en marcha del Plan Bolonia adelantó a esta semana el desembarco de decenas de alumnos.

Sin embargo, el tradicional macrobotellón que se celebra cada inicio de curso tendrá lugar probablemente el próximo jueves. El dispositivo -tanto de seguridad como de limpieza- será entonces más importante, indican fuentes municipales. Mientras, la desesperación entre vecinos y comerciantes no deja de crecer. "É imposible. A ver se un día pasa algo grave para que alguén molle por fin os pés", lamenta Xaquín Mato, portavoz de la asociación vecinal Raigame. "Ninguén fai absolutamente nada. Nin no Goberno central, nin na Xunta, nin no Concello...", critica con vehemencia. "Xa non sei que facer... A min a xente chégame chorando e eu non sei que dicirlles", continúa.

En la misma línea se pronuncia Delmiro Prieto, vicepresidente de la agrupación de comerciantes Santiago Centro. "Hay que divertirse, pero dentro de un orden. Lo que no se puede consentir es que cuatro cafres manchen el nombre de una generación", sentencia. Las tiendas de Alfredo Brañas y la praza Roxa se despertaban ayer con kilos de basura a sus puertas. "Llevo 30 años en esta calle (por Alfredo Brañas) y en mi vida había visto algo así. Parecía el resultado de una batalla campal", cuenta una afectada. Con los servicios de limpieza desbordados, los propios comerciantes tuvieron que retirar los desperdicios.

Retrasos en los trenes

Muchos usuarios del ferrocarril protestaron a última hora de ayer porque se produjeron varios retrasos. Así, el tren que cubre la ruta A Coruña-Vigo "lleva 30 minutos de retraso", decían los afectados a las 21.00 horas. Lo mismo ocurrió con el destino hacia Ourense. En la estación, sin embargo, se limitaron a decir que todos los viernes, con el incremento de pasajeros universitarios, se producen retrasos.

VANDALISMO

Trabajos para la comunidad por vandalismo

Santiago Centro exige reforzar la vigilancia nocturna con policías de paisano a fin de paliar los catastróficos partes de incidencias. "Cuando intercepten a alguien cometiendo un acto vandálico que no lo envíen a la cárcel... Tienen que aprender lo que cuesta todo lo que hay a su alrededor", advierte el vicepresidente de la agrupación, Delmiro Prieto.

El responsable propone que se ponga en marcha el reglamento pertinente para que el castigo se traduzca en trabajos sociales a favor de la comunidad. Es decir, si lo que se rompe es un árbol, la tarea correspondiente sería la reforestación, explica Prieto .

local@elcorreogallego.es

 

Nenos xogando na Praza Roxa, cando empeza setembro....

 Vexan ligazón con foto.
 É fermoso tapar o cemento con xente ( pais, nenos...)

http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2009/09/06/0003_7951849.htm

 

patio de vecinos

Concha Pino . Local

Medievo infantil con hinchables

( La Vo< de Galicia 6-09-09 )
Está claro que los nños del medievo no tenían materiales como los que se ofertaban ayer en las carpas instaladas en la plaza Roxa para la feria medieval que organizó la asociación de vecinos Raigame, que lideran con tanto empeño Xaquín Mato y Agustín Pena , presidente y vicepresidente de la entidad. Los críos lo pasaron estupendamente con actividades que recuerdan aquel tiempo como lucha de espadas, disfraces y juegos tradicionales, y otras bien alejadas como los hinchables. La soleada jornada contribuyó al animado ambiente desde por la mañana.

Hay que volver a la escuela, y el Concello de Rois clausuró el viernes el programa de verano Diver- Rois, que organizó la Concellería de Cultura, Educación, Deportes e Mocidade para niños y niñas entre 6 y 14 años. Las actividades se desarrollaron en dos turnos quincenales, y los asistentes pudieron practicar deportes alternativos y grandes juegos, manualidades como pintura de camisetas y creación de juguetes con materiales de reciclaje. La chavalada también realizó salidas para hacer una ruta de senderismo o aprender del trabajo arqueológico en la excavación del Castro Socastro. Los que tenían como centro de acción en el polideportivo de Urdilde se bañaron en la piscina municipal de A Senra, y los del polideportivo de Rois fueron a la playa fluvial de Seira.

Es el caso de los alrededor de doscientos monitores de toda Galicia que asistieron en el Multiusos de Sar al curso de formación de diferentes disciplinas de Fitness, impartido por Óscar Peiro , experto de Les Mills.

 
http://www.lavozdegalicia.es/santiago/index.htm

Adeus verán ! Benvido outono...!

Adeus verán ! Benvido outono...!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


 

O sábado día 5, desde as 11,30....

 

                                                                                            Festa Medieval  Infantil

                                             na Praza Roxa

 

     -Inchábeis

     -Castelo

    -Loita con espadas

    -Disfraces medievais

    -Xogos tradicionais

     ...... e moitas máis sorpresas...

 

vinde a xogar con  nós !!!       

www.raigame.com

 

 


Colabora: Concellaría de Xuventude e Festas  do Concello de Santiago

25460 : día 12 de xullo de 2009

Este foi o número de rexistro que lle deron no Concello, ó noso escrito sobre a "moda" de anunciar o aluguer de pisos nas farolas...

Ilmo. Sr. :

 

           Trasladámoslle a nosa queixa polo incívico proceder de moitos particulares, pensións, residencias, empresas... que “decoran”  as farolas do alumeado público con folletos e papeis, ofertando os seus servicios.

 

          Ocorre en todo o Ensanche, e  tamén sofren esta moda outros elementos de servicio público,  como os sinais de tráfico, cabinas de teléfono, etc.

 

          É deprimente o caso da Rúa Nova de Abaixo,  remodelada recentemente.

Da pena ver como tódolos báculos do alumeado están cheos de propaganda, precintada con celo.

 

          Demandamos do Concello unha actuación enérxica e inmediata que pase por:

 

1)     Revisión e inspección do mobiliario urbano de competencia municipal.

 

2)     Inicio e resolución  de Expediente Sancionador  ós infractores ( É doado: consta sempre o seu teléfono, e moitas veces o enderezo )

 

 

3)      Actuación de oficio, limpando e restaurando  constantemente. O Concello ten que dar exemplo. Se ven o abandono municipal, a moda incívica, convértese en costume.

 

4)      Facer unha campaña publicitaria, apelando o civismo, e informando das sancións previstas nas ordenanzas de limpeza. Nós comprometémonos na súa difusión por todo o barrio.

 

   

 Santiago, 10 de xullo - 2009

 

Asinado. Xaquín Mato (Presidente )

 

Recordar doe : venres día 12 de xuño no Ensanche

I Pensar

 

Xa neste século, o noso socio número 70, ía  o seu traballo, en Xoán XXIII

El cóntao así : “Un día aquí a carón da Facultade, vin unha pintada preciosa. Para provocar aos profesores, os estudiantes escribiran  - pensar non doe -.

        Pensei : teñen razón, pensar non doe, pensar é un pracer ”

( internet ; galicia hoxe )

 

II Recordar

 

Outro día, hai xa moitos anos, o noso socio era un adolescente que ía a clases de matemáticas...

El cóntao así : “ Carlos Crespo Alfaya era un exemplo heroico e vivo de compromiso político. Sabíase que fora torturado nos cárceres franquistas..

Eu notaba como Carlos Alfaya sufría ao tratar de recordar, para min, todos os seus coñecementos científicos – sofocados polos tormentos que lle fixeran pasar -...

Eu lembro aqueles días como unha vivencia intensa de solidariedade fraterna pola miña parte../../ sentíame feliz cando él atopaba a solución a problemas complicados.

Recorda doe ; Porque recordar é volver a pasar polo corazón as cousas. Máis: recordar é remexer no corazón....”

( px. 134, 135 )

III Ensinar

 

O 30 de maio de 2008 Manuel Rivas dedicoulle enteiro, no xornal EL PAIS, o seu groucho dos venres:

El cóntao así :

“Herminio Barreiro, no mester de lembrar,é moi pedagóxico. Ou sexa : apaixonado, duro, elegante, preciso, entusiasta. Non é mármore. É árbore.

....

Pódese dicir que Herminio Barreiro naceu nunha escola. Os seus pais eran mestres. Son mestres. Os mestres nunca pechan a cancela.

.....

A primeira lembranza do neno e a de ir coa nai, cara o destino dunha escola, en Terra de Montes, despois de ser represaliada. Estamos en outubro de 1940. O neno ten tres anos. É recorda : Meilide, alá cheguei, coma nun soño, unha noite de choiva, vento e tronos....Unha desas noites negras e case infindas do noso inverno. Un pouco andando, outro pouco no colo da miña nai, pero sobre todo nos ombreiros dalgún fornido veciño da aldea que nos viñera agardar a Cerdedo para indicarnos o camiño. Un camiño sen luces, tenebroso e neboento, portando os nosos acompañantes aqueles farois de aceite que iluminaban como pequenos fachos da santa compaña os camiños e as corredoiras da nosa terra...

E remata Manuel Rivas o seu artigo:

A vida ten vocación de conto. A memoria farase máis e máis insubmisa. Doe. Fai  ben.

.....

 ( El Pais, 30-5-08 Luces )

 

 

IV Entenden ?

 

Despois de todo o exposto, entenden  o porqué desta homenaxe ??

Con vostedes, o socio número 70 de Raigame :

Herminio Barreiro Rodríguez

Premer aquí , para ver nova do evento no Correo Gallego  ( 13-06-09 )

http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/raigame-homenajea-herminio-barreiro/idEdicion-2009-06-13/idNoticia-437034/

Xadrez No Ensanche !

 

 

II TORNEO DE XADREZ

no Ensanche

 

 

 

Sábado 6 de xuño 2009                                             Fase clasificatoria :11,00 a13,30 h.

Finais : 17,30 a 20,00h.

 

 

 

 

 

 

CATEGORÍAS:  SUB 10  ( nados en 1999 e seguintes )

                       SUB 12   ( nados no 1997 e seguintes )

 

 

 

 

 

 

INSCRICIÓN : de balde, prazas limitadas segundo  orde de inscrición

                      do 26 de Maio o 5 de xuño

                      no CSXM o Ensanche  - Frei Rosendo Salvado 16 -

                      Tfno.:981543001

                      Nos correos: xadrezcompostela@gmail.com ; raigame@telefonica.net csxoensanche@santiagodecompostela.org

 

 

 

 

 

 

ORGANIZAN: Xadrez Nemenzo

                    Concellaría de Centros Socioculturais – Concello de Santiago

APOIA :         Asociación de Veciños Raigame

     

 

 

Coa colaboración de diversas firmas que aportarán os Trofeos para os gañadores e agasallos para todos os participantes

 

Xadrez para todos ! Acudide o Ensanche !

 

Cobro das cotas anuais

Santiago, Maio 2009

 

 

 

 

Prezado socio/a:

 

                      Pola presente, informámoslle que abrimos o período de cobro da cota anual de asociado

 

 (10 euros )

 

Para facilitarlle o pago  da mesma, o horario será o seguinte:

 

Tódolos martes, mércores e xoves,

 de 19,30h. a 21,00h.

no Local da Praza de Vigo, 1, 1º C

Remate: xoves 11 de xuño

 

 

 

Igual que en anos anteriores, agradecemos a súa axuda e colaboración.

 

Cordialmente.

 

Xaquín Mato

(presidente)

14606

É o númeroque lle puxeron no Rexistro o escrito presentado, relativo o ruído que fan as tapas dos sumidoiros, e que se pode ler máis abaixo.

 

ASUNTO: Ruído sumidoiros

 

 

 

 

Ilmo. Sr. :

 

   

           Mediante o presente dámoslle traslado, das queixas de veciños e residentes na rúa Nova de Abaixo, polo ruído que fan as tapas dos sumidoiros cada vez que pasa un coche por enriba delas.

 

         Mesmo pola noite é tan molesto que, ou ben esperta a xente, ou ben lles impide durmir.

 

       ( en especial nos sumidoiros situados fronte ós  números 7 e 5 )

 

       Pedímoslle que dea as instruccións axeitadas para poñer fin - canto antes- .  a esta deficiencia, incomprensible nunha obra recente.

 

 

 Santiago 26 marzo 2009

 

 

Asinado. Xaquín Mato (Presidente )