Blogia
RAIGAME

Música clásica, coa Real Filharmonía de Galicia

Prezado  Asociado:

 

Gracias a unha iniciativa da Concellaría de Cultura do Concello de Santiago, en Raigame temos un abono no Auditorio de Galicia, para os trinta (30) concertos de Música clásica, coa Real Filharmonía de Galicia. 

 

Como asociación veciñal, fixéronnos un prezo especial, para que os nosos asociados e veciños, poidan acudir de balde ós concertos.

 

De maneira que, dispoñemos de catro (4) entradas gratuitas para cada Concerto, as cales asinaremos por rigoroso orden de chegada das peticións.

 

Os Concertos soen ser os xoves de cada semana, así que para facer a reserva, poden chamar o 699191044, a partir das 19,00h.; por correo electrónico a raigame@telefonica.net, ou en papelería Xaquín (Nova de Abaixo, 16 ) antes do mércores anterior.

 

O programa de Abono, pódese acadar no Auditorio de Galicia, na Oficina de Turismo da Rúa do Vilar, ou consultar na páxina web:  http://compostelacultura.org/medi/prog/Filharmonia_08-09.pdf

 

Confiando que esta iniciativa sexa do seu interese, agardamos as súas novas.

 

Santiago, outubro 2008

 

  

Asdo.

Presidente

Xaquín Mato

 

0 comentarios