Blogia

RAIGAME

Colectores de lixo

Aquí está a transcripción do escrito que presentamos o 4 de novembro de 2013.

 

Ilmo. Sr. Ángel  Currás  Fernández

Alcalde de Santiago

 

 

Asunto : Colectores de lixo sen soterrar ( 365 días despois ! ) na Rúa Nova de Abaixo, nº 17

 

Ilmo. Sr.:

 

       Segue sen resolverse o problema dos  colectores de lixo que continúan na superficie, sen arranxar, e causando  importantes inconvenientes  de sanidade,  impacto ambiental

( cheiros, degradación dos orgánicos, lixo mesturado, contaminación.... )

 

       Este retraso na reparación é moi grave, pois os contedores están cerca de comercios relacionados coa alimentación (panadaría, supermercado ) ; hai tránsito constante de xente ; e  o perigo de contaxio de enfermidades causadas pola corrupción e deterioro do lixo, exposto o aire libre, é moi alto...sen falar do grande impacto visual que degrada toda a beirarrúa.

 

      Lembrámoslle que este é o cuarto  escrito ! - sobre o tema ( amén do falado con diversos concelleiros : Urbanismo, Vías e Obras...)

 

      Lamentablemente, empezando novembro, todo segue igual.

 

Desde Raigame estamos moi decepcionados pola desidia e abandono do Concello que V.I. preside, incapaz de arranxar algo tan elemental: sexa de quen sexa a culpa...

 

En doce meses non houbo maneira de soterrar novamente os contedores ?.

 

Non hai escusa !

 

   Sr. Alcalde : Demandámoslle un golpe de autoridade diante da Concesionaria do servizo, dos concelleiros,  dos veciños, da opinión pública, para poñer fin a esta vergoña ambiental, de inmediato.

 

      En Santiago, a 4  de novembro de 2013.

 

 

NºRexistro: 53831

Asinado

 

 

 Xaquín Mato

(Presidente )

 

Pésame polo accidente de Angrois

Pésame polo accidente de Angrois

San Xoan no Ensanche!

San Xoan no Ensanche!

Este ano colaboramos, novamente, coa Asociación de Comercio Santiago Centro.

Temos moitas experiencias positivas con eles...e sentímonos afortunados , coincidindo nesa reivindicación  da Zona Nova como motor de desenrolo comercial  da cidade.

San Xoan en Santiago Centro, o sábado 22 desde as 12, é un intento de reivindicar o dinamismo comercial e a vitalidade do Ensanche.
A Asociación de Veciños Raigame, facendo honor o seu nome, colabora traendo ..."A Requinta da Amaía"

Unha alfaia,  impagable, que mantén acesa -neste século XXI - a lapa  da galeguidade...

...


Acudide, difundide...paga a pena !


Santiago, xuño 2013

Instalación dunha marquesiña

Instalación dunha marquesiña

Escrito sobre a instalación dunha marquesiña na parada 694.

Colectores de lixo sen soterrar

Colectores de lixo sen soterrar

Escrito ó Alcalde denunciando a situación dos colectores de lixo da Rúa Nova de Abaixo.

Cobros 2013


Prezado socio:


Mediante a presente, informamos que abrimos o prazo de pagamento das cotas de asociado, a partires do martes día 12 de marzo, co seguinte calendario:
Importe anual: 10 euros
Día de cobro: martes
Horario: de 19,30 a 21,00 h.
Lugar: Centro Socio Cultural O Ensanche - Frei Rosendo Salvado 14 –
Último día: martes 16 de abril


Agradecido pola súa fidelidade, saúdos veciñais


Asdo.
Xaquín Mato(presidente)

IMOS DE EXCURSIÓN

 

 

Imos de excursión...... co Concello de Santiago

 

A Rede de Centros Socioculturais, programa unha serie de excursións durante este ano 2013.

 Hai itinerarios atractivos e variados....  e os prezos son asequibles.

 Para saber máis, chamade o teléfono 981543001 (CSC do Ensanche) ou consultade aquí

 

Que disfrutedes!  (viaxando e coñecendo o país...)

 

A.Vv. Raigame

 

Marzo  2013

Urinarios da Alameda

Urinarios da Alameda

Dende a A.VV Raigame, pedimos que se solucionen canto antes, as avarías dos urinarios da Alameda.

FAI TÚA COMPOSTELA

 

 

Recomendámosvos este roteiro didáctico do Concello de Santiago, que se pon en marcha nos meses de Marzo e Abril (Febreiro xa case vai aló!)

 

 

Os mércores e sábados que aparecen no programa fanse percorridos pola cidade e parroquias, seguindo un fío condutor, que poden ser os oficios, o Sarela, o modernismo, os conventos.....

 

O custo é de 1,5 euros (sí,un euro e medio!), aínda que hai abonos de 5 euros (cinco roteiros) por algo máis de dúas horas de orixinais camiñadas.

 

Paga a pena!

 

Para saber máis, chamade ó teléfono 981543001 (CSC do Ensanche ) ou consultade aquí.

 

Que disfrutedes!  ( coñecendo os tesouros da nosa cidade... )

 

A.Vv. Raigame

 

Febreiro 2013

Urbanizar o aparcadoiro de Pontepedriña

Urbanizar o aparcadoiro de Pontepedriña

Dende  a Asociación de Veciños de Raigame, pedímoslle ó Alcalde, urbanizar o aparcadoiro de Pontepedriña.

II FESTA CIDADÁ NA PRAZA ROXA

II FESTA CIDADÁ NA PRAZA ROXA

    Programa do sábado dia 15 de setembro, na Praza Roxa, para conmemorar as vodas de prata veciñais ( 1987-2012 )

 

 

 

       I.- A partires das 10,30 : almorzamos con Panxea. Ti trae as tostas..nós poñemos o café  - e os obradoiros infantís sobre o comercio xusto -

 

 

       II.- Xa pasará das 12,00h. cando  aparecerá Yuma , cos seus malabares , e moitas máis sorpresas !

 

       III.- Antes de xantar, a Escola de Gaitas e Danzas Río Sarela , da Peregrina (Santiago ) mostrarannos  por que se chaman así ...

 

  1. Despois das  14,00...xantar compartido !. Traede a tortilla, ou a empanada, ou o xamón...Nos poñemos as mesas, o pan...e tamén os refrescos  !!

 

  1. Desde as 16,30 h.....Xadrez na Praza ! . Vide xogar con nós !..Hai taboleiros, e auténticos - e xenerosos - campións  galegos (e compostelás) dispostos a botar  unhas simultáneas, con todos , compartindo unha devoción por esta actividade milenaria , tan festeira e valiosa para o ser humano !

 

  1. Pola mesma hora , na outra banda da Praza , estarán os Inchábeis !!. Son compatibles !.

O castelo de bolas, o touro mecánico, a piscina de aire..todo para xogar e divertirse os nenos !

 

       Para os que non poidan acudir a  Praza Roxa , Os Trasnos de Doade (Lalín )  farán o pasarrúas -mañá e tarde – por todo o barrio , lembrando - coas súas gaitas-  que hai vintecinco anos naceu ( no medio do cemento )  a Asociación de Veciños Raigame....

       e segue viva !

 

 Compostela, setembro 2012

Escrito ao Rector da USC solitando canastras

 

Ilmo. Sr. Juan Casares Long

Rector Magnífico da Universidade de Santiago

 

Asunto : Canastras do Campus

 

Ilmo. Sr.

    Dámoslle traslado das queixas de veciños e usuarios dos espazos de lecer do Campus da USC.

 

    O campo de baloncesto, non ten canastras, polo que os nenos,  rapaces e adultos  non poden xogar.

 

O Concello de Santiago instalou unhas canastras no parque de Galeras que os usuarios valoran moi ben pola súa calidade, seguridade e firmeza. Non rompen !

 

 

      Polo tanto, solicitámoslle que a Universidade  que V.I. preside, negocie  co Concello de Santiago para atopar a maneira máis rápida e práctica , a fin de instalar unhas canastras como as de Galeras ( pola súa valía, duración e seguridade).

  

    Agradecidos pola súa atención, saudámoslle en Santiago, a 27 de Marzo de 2012

Asinado

presidente

Xaquín Mato

Resposta da solicitude de Marquesina

Resposta da solicitude de Marquesina

O Concello xa nos remitiu una resposta a solicitude de marquesina na parada da rúa do Hórreo -estación do tren - ( fronte ó nº 164 ).

A resposta indicanos que entenden e agradecen a suxerencia que a terán en conta para futuras colocacións.

Solicitude dunha maquesina para a Rua do Horreo

Estimados veciños e veciñas,
Dende a nos Asociación de Veciños Raigame, solicitamos unha marquesiña na parada da Rua do Horreo co seguinte escrito ao Concello:

Asunto: Solicitude dunha marquesiña na parada do Hórreo

Ilmo. Sr.:

Mediante o presente, solicítamoslle que dea as isntruccións necesarias para que, canto antes, Tussa - concesionaria municipal do transporte urbano- instale unha marquesiña na parada da rúa do Hórreo -estación do tren - ( fronte ó nº 164 ).

Esta parada é unha das máis importantes do transporte urbano de Santiago, pois atende a centos de usuarios que veñen o Ambulatorio ou a Estación , utilizando catro das liñas de autobuses máis habituais e máis concurridas:

L 6 : San Marcos – Os Tilos
L 12 : Os Tilos - Hospitais
C 6 : Plgno. Costa Vella – Paxonal
P 3 : San Roque- Santa Lucía

Por todo o exposto , entendemos que é urxente e imprescindible a instalación desta marquesiña, para facilitar a espera dos viaxeiros - moitos deles persoas maiores, outros con minusvalías...- e que poidan sentarse, abrigarse, etc.


Agardando as súas novas, saúdolle en Santiago, a 23 de novembro de 2011



Xaquín Mato (presidente )
nº Rexistro 61222

O domingo 4 de decembro imos de visita guiada ao Museo da Catedral

Dende a Asociación de Veciños Raigame reservamos unha data para ir todos xuntos a ver as remodelacións do Museo da Catedral. Se estás interesado/a en vir chamanos ou manda un mail para anotarte antes do 27 de novembro (este icluido) ao telefono 699191044 ou o mail raigame@telefonica.net,

DATA: domingo 4 de decembro
HORA: 11.00h
PRAZAS: 25 por orde de inscrición


Mais información:

" Dentro da programación do VIII Centenario da Consagración de Catedral de Santiago, o Museo da Catedral organiza unha CAMPAÑA DE VISiTAS GUIADAS, DE BALDE , AO MUSEO DA CATEDRAL co obxectivo de presentar as remodelacións levada a cabo nas dúas primeiras plantas.
Esta iniciativa terá lugar tódolos domingos, ata o 18 de decembro, en dúas quendas : 11,00h. e 12,15 h., cun máximo de 25 persoas por quenda.


A asociación de Veciños Raigame ten reservada a data

domingo 4 de decembro, as 11,00h.

Os interesados poden anotarse no noso correo
raigame@telefonica.net

ou no 699191044
(máximo, 25 persoas , por orde de inscripción )
-o prazo remata o dia 27 de novembro - "

Axudas para a rehabilitación de edificios e vivendas

Poden acceder a estas axudas aqueles veciños que promovan obras de rehabilitación en vivendas no ámbito da Área de Rehabilitación Integral (ARI) dos Camiños de Santiago.

PODEN SOLICITAR:
As persoas fisicas individualmente ou a través da comunidade de propietarios que reunan os seguintes requisitos:
Os inmobles deben destinarse a domicilio habitual e permanente durante, polo menos, cinco anos. Deben ter unha antigüidade superior a 10 anos e non poden ter recibido axudas para as mesmas actuacións nos 10 anos anteriores.
As actuacións protexibles comprenden tanto as obras no edificio e en elementos comúns como nas propias vivendas. Serán para melloras en seguridade, estanqueidade, accesibilidade, habitabilidade e eficiencia enerxética, así como para a utilización de enerxías renovables.
O inmoble debe estar no ámbito ARI do Camiño de Santiago, debese indicar na solicitude.

O orzamento máximo protexible para as obras será de 68.220 euros. Deste xeito, os beneficiarios poderían acceder a unha axuda do 40% do gasto subvencionable con cargo aos fondos do Ministerio de Fomento, ata un máximo de 5.000 euros por vivenda. De modo adicional, outro 40% podería ser achegado polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), tamén cun máximo de 5.000 euros por vivenda. É dicir, o a axuda máxima pode chegar aos 10.000 euros.

Préstamo convido para a diferenza
A maiores, aqueles que obteñan a cualificación provisional das obras a realizar poden solicitar, se o desexan, un préstamo convido coas entidades financeiras que asinaron o convenio co Ministerio de Fomento. Esta préstamo será polo importe entre a diferenza do orzamento subvencionable e a axuda concedida. Outorgarase a un interese dun 3% e sen comisións nin gastos de apertura.

Procedemento
Os interesados en acceder a estas axudas deben presentar as súas solicitudes de cualificación provisional antes do 1 de decembro de 2011. O criterio de concesión será a orde de entrada das solicitudes presentadas en prazo e que cumpran os requisitos, e ata o límite orzamentario para cada anualidade (2012 e 2013). Por isto e porque se trata dunha partida xenérica para todos os municipios, tanto María Pardo como Francisco Noya insistiron na importancia da "celeridade na solicitude". Previamente, debe existir acordo da comunidade de propietarios. A partida total para estas axudas será de 5.730.000 euros a repartir a partes iguais nas anualidades 2012 e 2013 e achegadas ao 50% polo Ministerio de Fomento e o IGVS.

Unha vez executadas as actuacións de rehabilitación, presentarase a solicitude de cualificación definitiva e de concesión de subvención, acompañada das correspondentes facturas.

Estas axudas son incompatibles coas do Programa Renove do Plan de Vivenda e Rehabilitación 2009-2012, pero compatibles cas acudas autonómicas para o remate de fachadas e cubertas, rehabilitación e reconstrución de edificios e vivendas nos ámbitos rural, histórico e dos camiños de Santiago.

Mais información: http://igvs.xunta.es/web/axudamoste/170

A ASOCIACIÓN DE VECIÑOS RAIGAME E O BOTELLÓN

Comeza un novo curso e as nosas rúas e edificios énchense de rapaces e rapazas moi ilusionados pola experiencia universitaria de vivir en Compostela para eles moi gratificante pero non tanto para os veciños do Ensanche que ano tras ano estamos afectados polo ruido e a suciedade que as novas formas de ocio dos estudantes trae consigo, entre elas o botellón tal e como recollen os xornais El Correo Gallego e La Voz de Galicia.

“Además de un problema de salud, el botellón también lo es de orden público, por el ruido que acompaña las celebraciones. Algo que saben bien desde hace años en la asociación Raigame, que preside Xaquín Mato, y que tiene previsto solicitar la próxima semana una entrevista con el alcalde.
Según explicó Mato, ya estaba prevista esta reunión dentro de la ronda de entrevistas que el nuevo regidor compostelano está realizando con las asociaciones, y ahora se aprovechará para solicitar la intervención municipal para paliar el problema.
"El botellón de ayer fue como el de otras muchas noches", explicaba el presidente, y por eso quieren solicitar medidas concretas tanto para frenar el ruido en la calle como para evitar la acumulación de basuras, o que los establecimientos que sirven en grandes vasos de plástico no permitan que se consuman en el exterior del local, porque luego acaban en el suelo. “


El Correo Gallego 19.09.11

“Dentro del dispositivo específico montado por la Policía Local para controlar la presencia de menores en las zonas de copas, los agentes denunciaron al bar La edad de hielo, situado en las galerías Goya, por vender alcohol a menores de edad. Vecinos de la comunidad donde está ubicado este establecimiento aseguraron que a las 7.45 horas estaba abierto y, debido al exceso de ruido, llamaron a la policía.
Otro vecino apuntó que una hora más tarde seguía funcionando con normalidad. Luis Prados, representante de la Asociación de Veciños Raigame, indicó que este local fue denunciado en otras ocasiones y tiene constancia de, al menos, una sanción por incumplir el horario impuesta por la Xunta. Fuentes de la entidad dijeron que no es el único local de la zona que vende alcohol a menores y denunciaron el caso de otro situado en la rúa Nova de Abaixo, donde es habitual la presencia de menores.
Aunque la mayor concentración de jóvenes se registró en el Campus Vida, también hubo grupos en otras zonas de la ciudad y, más concretamente, en el entorno de la plaza Roxa y rúas Nova de Abaixo, Alfredo Brañas y Ramón Cabanillas, donde hay un elevado número de establecimientos de hostelería nocturna. Xaquín Mato, presidente de Raigame, considera que «non había nin máis nin menos que noutras ocasións, foi un botellón de principios de curso». Según apuntó, a las 6.45 horas en la rúa Santiago del Estero había unas 500 personas «berrando e cantando, e, entre as tres e catro da maña había grupos tocando os timbres en Rosalía de Castro»”

La Voz de Galicia 17.09.11



NOVA CORREO GALEGO


NOVA LA VOZ DE GALICIA

gamberros

 

Ilmo. Sr. Xosé Antonio Sánchez Bugallo

Alcalde de Santiago

 

 

Asunto : Vandalismo na rúa Nova de Abaixo

( nº rexistro 19315, 4 -abril – 2011 )

 

 

Mediante o presente, reiteramos o xa expresado en diversas ocasións, en relación a entrada do número 10 da Rúa Nova de Abaixo ( Galerías Belén ).

Grupos de rapaces adolescentes, ocupan as escaleiras de entrada para falar, comer, berrar, e emporcallar o lugar.

Se alguén lles chama a atención, ainda teñen máis que dicir, ou mesmo toman “represalias” contra del.

O venres día 1, polo serán, tiraronlle ducias de ovos a Academia Abrente-ubicada nos baixos do número 10 , porque propietario lles recriminou a súa actitude.

A falta de civismo e a incultura é unha eiva habitual nestes tempos ; aínda así, entendemos que unha actitude firme e contundente por parte do Concello – policía local-pode parar e poñer fin a este gamberrismo.

Os rapaces son poucos, pódense identificar – temos testigos, dispostos a colaborar, axudar e declarar - e so cómpre unha actuación decidida e constante do Concello para erradicar este foco vandálico das galerías Belén.

Agardamos novas, para informar ós veciños.

 


En Santiago, abril-2011


Xaquín Mato, presidente da A.Vv. Raigame

 

Cobros 2011

 

Mediante a presente comunicamos que abrimos o prazo de pagamento das cotas de asociado, a partires do martes día 22 de marzo, co seguinte calendario :

  Importe anual : 10 euros

 Días de pago : martes e xoves

 Horario : de 19,30 a 21,00 h.

 Sitio : Centro O Ensanche - Frei Rosendo Salvado 14 –

 Último día : xoves 28 de abril

  Agradecidos pola súa fidelidade, saúdos veciñais

 

Asdo.

 Xaquín Mato

(presidente )

 

Cidade da Cultura (Monte Gaiás )

A Asociación de Veciños Raigame, non se pronunciou sobre a Cidade da Cultura.

O  cal non quita que facilitemos as novas relativas a súa existencia e actividade.

Vai ligazón da web

http://reservas.cidadedacultura.org/galego.aspx

onde se poden atopar a actualidade, horarios, visitas, etc...da súa actividade, unha vez inaugurada onte martes día 11

http://www.lavozdegalicia.es/opinion/2011/01/11/0003_8958110.htm