Colectores de lixo
Aquí está a transcripción do escrito que presentamos o 4 de novembro de 2013.
Ilmo. Sr. Ángel Currás Fernández
Alcalde de Santiago
Asunto : Colectores de lixo sen soterrar ( 365 días despois ! ) na Rúa Nova de Abaixo, nº 17
Ilmo. Sr.:
Segue sen resolverse o problema dos colectores de lixo que continúan na superficie, sen arranxar, e causando importantes inconvenientes de sanidade, impacto ambiental
( cheiros, degradación dos orgánicos, lixo mesturado, contaminación.... )
Este retraso na reparación é moi grave, pois os contedores están cerca de comercios relacionados coa alimentación (panadaría, supermercado ) ; hai tránsito constante de xente ; e o perigo de contaxio de enfermidades causadas pola corrupción e deterioro do lixo, exposto o aire libre, é moi alto...sen falar do grande impacto visual que degrada toda a beirarrúa.
Lembrámoslle que este é o cuarto escrito ! - sobre o tema ( amén do falado con diversos concelleiros : Urbanismo, Vías e Obras...)
Lamentablemente, empezando novembro, todo segue igual.
Desde Raigame estamos moi decepcionados pola desidia e abandono do Concello que V.I. preside, incapaz de arranxar algo tan elemental: sexa de quen sexa a culpa...
En doce meses non houbo maneira de soterrar novamente os contedores ?.
Non hai escusa !
Sr. Alcalde : Demandámoslle un golpe de autoridade diante da Concesionaria do servizo, dos concelleiros, dos veciños, da opinión pública, para poñer fin a esta vergoña ambiental, de inmediato.
En Santiago, a 4 de novembro de 2013.
NºRexistro: 53831
Asinado
Xaquín Mato
(Presidente )
0 comentarios