II FESTA CIDADÁ NA PRAZA ROXA
Programa do sábado dia 15 de setembro, na Praza Roxa, para conmemorar as vodas de prata veciñais ( 1987-2012 )
I.- A partires das 10,30 : almorzamos con Panxea. Ti trae as tostas..nós poñemos o café - e os obradoiros infantís sobre o comercio xusto -
II.- Xa pasará das 12,00h. cando aparecerá Yuma , cos seus malabares , e moitas máis sorpresas !
III.- Antes de xantar, a Escola de Gaitas e Danzas Río Sarela , da Peregrina (Santiago ) mostrarannos por que se chaman así ...
- Despois das 14,00...xantar compartido !. Traede a tortilla, ou a empanada, ou o xamón...Nos poñemos as mesas, o pan...e tamén os refrescos !!
- Desde as 16,30 h.....Xadrez na Praza ! . Vide xogar con nós !..Hai taboleiros, e auténticos - e xenerosos - campións galegos (e compostelás) dispostos a botar unhas simultáneas, con todos , compartindo unha devoción por esta actividade milenaria , tan festeira e valiosa para o ser humano !
- Pola mesma hora , na outra banda da Praza , estarán os Inchábeis !!. Son compatibles !.
O castelo de bolas, o touro mecánico, a piscina de aire..todo para xogar e divertirse os nenos !
Para os que non poidan acudir a Praza Roxa , Os Trasnos de Doade (Lalín ) farán o pasarrúas -mañá e tarde – por todo o barrio , lembrando - coas súas gaitas- que hai vintecinco anos naceu ( no medio do cemento ) a Asociación de Veciños Raigame....
e segue viva !
Compostela, setembro 2012
1 comentario
Xadrez Oroso -
Foi un pracer colaborar con Raigame e coa USC.
O ano que ven seguiremos á vosa disposición para colaborar e aproveitala ocasión para promocionar un deporte como é o xadrez que aporta notables beneficios tanto a nenos/as como aos adultos.
Unha aperta a tódos membros de Raigame.