FAI TÚA COMPOSTELA
Recomendámosvos este roteiro didáctico do Concello de Santiago, que se pon en marcha nos meses de Marzo e Abril (Febreiro xa case vai aló!)
Os mércores e sábados que aparecen no programa fanse percorridos pola cidade e parroquias, seguindo un fío condutor, que poden ser os oficios, o Sarela, o modernismo, os conventos.....
O custo é de 1,5 euros (sí,un euro e medio!), aínda que hai abonos de 5 euros (cinco roteiros) por algo máis de dúas horas de orixinais camiñadas.
Paga a pena!
Para saber máis, chamade ó teléfono 981543001 (CSC do Ensanche ) ou consultade aquí.
Que disfrutedes! ( coñecendo os tesouros da nosa cidade... )
A.Vv. Raigame
Febreiro 2013
0 comentarios