Blogia
RAIGAME

gamberros

 

Ilmo. Sr. Xosé Antonio Sánchez Bugallo

Alcalde de Santiago

 

 

Asunto : Vandalismo na rúa Nova de Abaixo

( nº rexistro 19315, 4 -abril – 2011 )

 

 

Mediante o presente, reiteramos o xa expresado en diversas ocasións, en relación a entrada do número 10 da Rúa Nova de Abaixo ( Galerías Belén ).

Grupos de rapaces adolescentes, ocupan as escaleiras de entrada para falar, comer, berrar, e emporcallar o lugar.

Se alguén lles chama a atención, ainda teñen máis que dicir, ou mesmo toman “represalias” contra del.

O venres día 1, polo serán, tiraronlle ducias de ovos a Academia Abrente-ubicada nos baixos do número 10 , porque propietario lles recriminou a súa actitude.

A falta de civismo e a incultura é unha eiva habitual nestes tempos ; aínda así, entendemos que unha actitude firme e contundente por parte do Concello – policía local-pode parar e poñer fin a este gamberrismo.

Os rapaces son poucos, pódense identificar – temos testigos, dispostos a colaborar, axudar e declarar - e so cómpre unha actuación decidida e constante do Concello para erradicar este foco vandálico das galerías Belén.

Agardamos novas, para informar ós veciños.

 


En Santiago, abril-2011


Xaquín Mato, presidente da A.Vv. Raigame

 

0 comentarios