Blogia
RAIGAME

Recordar doe : venres día 12 de xuño no Ensanche

I Pensar

 

Xa neste século, o noso socio número 70, ía  o seu traballo, en Xoán XXIII

El cóntao así : “Un día aquí a carón da Facultade, vin unha pintada preciosa. Para provocar aos profesores, os estudiantes escribiran  - pensar non doe -.

        Pensei : teñen razón, pensar non doe, pensar é un pracer ”

( internet ; galicia hoxe )

 

II Recordar

 

Outro día, hai xa moitos anos, o noso socio era un adolescente que ía a clases de matemáticas...

El cóntao así : “ Carlos Crespo Alfaya era un exemplo heroico e vivo de compromiso político. Sabíase que fora torturado nos cárceres franquistas..

Eu notaba como Carlos Alfaya sufría ao tratar de recordar, para min, todos os seus coñecementos científicos – sofocados polos tormentos que lle fixeran pasar -...

Eu lembro aqueles días como unha vivencia intensa de solidariedade fraterna pola miña parte../../ sentíame feliz cando él atopaba a solución a problemas complicados.

Recorda doe ; Porque recordar é volver a pasar polo corazón as cousas. Máis: recordar é remexer no corazón....”

( px. 134, 135 )

III Ensinar

 

O 30 de maio de 2008 Manuel Rivas dedicoulle enteiro, no xornal EL PAIS, o seu groucho dos venres:

El cóntao así :

“Herminio Barreiro, no mester de lembrar,é moi pedagóxico. Ou sexa : apaixonado, duro, elegante, preciso, entusiasta. Non é mármore. É árbore.

....

Pódese dicir que Herminio Barreiro naceu nunha escola. Os seus pais eran mestres. Son mestres. Os mestres nunca pechan a cancela.

.....

A primeira lembranza do neno e a de ir coa nai, cara o destino dunha escola, en Terra de Montes, despois de ser represaliada. Estamos en outubro de 1940. O neno ten tres anos. É recorda : Meilide, alá cheguei, coma nun soño, unha noite de choiva, vento e tronos....Unha desas noites negras e case infindas do noso inverno. Un pouco andando, outro pouco no colo da miña nai, pero sobre todo nos ombreiros dalgún fornido veciño da aldea que nos viñera agardar a Cerdedo para indicarnos o camiño. Un camiño sen luces, tenebroso e neboento, portando os nosos acompañantes aqueles farois de aceite que iluminaban como pequenos fachos da santa compaña os camiños e as corredoiras da nosa terra...

E remata Manuel Rivas o seu artigo:

A vida ten vocación de conto. A memoria farase máis e máis insubmisa. Doe. Fai  ben.

.....

 ( El Pais, 30-5-08 Luces )

 

 

IV Entenden ?

 

Despois de todo o exposto, entenden  o porqué desta homenaxe ??

Con vostedes, o socio número 70 de Raigame :

Herminio Barreiro Rodríguez

Premer aquí , para ver nova do evento no Correo Gallego  ( 13-06-09 )

http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/raigame-homenajea-herminio-barreiro/idEdicion-2009-06-13/idNoticia-437034/

0 comentarios