PRIMEIRA festa cidadá - Sábado 5 de xullo na praza Roxa
PRIMEIRA festa cidadá - a festa do teu barrio
Sábado 5 de xullo na praza Roxa
Presentamos a primeira festa cidadá do barrio do Ensanche.
Esta festividade xorde do interese dos colectivos e institucións que temos presenza cotiá no barrio, co fin de mobilizar á cidadanía e dinamizar a nosa zona, como espazo vivo, de relacións e movemento.
O Ensanche é unha importante área económica e social de Compostela, pola alta concentración de habitantes e empresas de todos os ámbitos.
Mais de vinte e cinco mil cidadáns e cidadás viven neste barrio e, polo tanto disfrutan dun espacio de ocio e lecer, coas propostas organizadas polas entidades e colectivos implicados na zona.
Un barrio que somos todos e todas,
Por iso, celebramos a nosa identidade cunha festa cidadá.
¡Acheguémonos á praza Roxa e celebremos!
Organización:
Asociación de Veciños Raigame
Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais
Santiafo Centro
Colaboran:
Concello de Santiago: Concellaría de Relacións Veciñais, e Concellaría de Tráfico e Seguridade Cidadá.
Agradecementos:
Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal O Ensanche
Asociación Galega de Arte e Cultura
Astronomía na beirarrúa (Vicerreitoría de Cultura da USC e Club Vega de Astronomía)
Clubes de Xadrez Algalia e Isolani
Escola Universitaria de Xadrez
0 comentarios