Música clásica, de balde, para os veciños
Prezado Asociado:
A Concellaría de Cultura do Concello de Santiago, repite por segunda tempada a súa promoción da Real Filharmonía, con prezos especiais para o colectivo veciñal.
Así que, pola nosa banda, interesados en difundir a música clásica entre asociados e veciños, acordamos comprar o Abono de 155 euros ( 30 concertos : 120 entradas ) para dstribuilo de balde, entre os socios interesados- / catro persoas por concerto /-
Os Concertos soen ser os xoves de cada semana; pódese facer a reserva por correo electrónico : raigame@telefonica.net , ou en papelería Xaquín ( Nova de Abaixo, 16 ) antes do mércores anterior.
O programa de Abono, pódese acadar no Auditorio de Galicia, na Oficina de Turismo da Rúa do Vilar, ou consultar na páxina web
http://www.compostelacultura.org/imxd/noticias/doc/1253106839RFG_09_completo.pdf
Confiando que esta iniciativa sexa do seu interese, agardamos as súas novas.
Compostela, outubro 2009
0 comentarios