Blogia
RAIGAME

Democracia participativa...

Reproducimos  a entrevista que lle fixo a Voz de Galicia ó secretario da Asociación de Veciños Raigame, na edición Local do domingo día 25

Entrevista | Agustín Pena

secretario da asociación de veciños Raigame do ensanche compostelán «Os veciños queremos participar na vida de cidade aportando ideas»

 

Agustín Pena considera que a estación do AVE e a remodelación da praza de Galicia son dúas excelentes oportunidades para unir o Ensanche co resto da cidade

Autor: Marga Mosteiro Fecha 25/10/2009

Agustín Pena é secretario da Asociación de Veciños Raigame do Ensanche e tamén un dos máis activos representantes veciñais do ámbito urbano no Consello de Relacións Veciñais do Concello de Santiago.

-¿Que lle falta ao Ensanche para ser un lugar perfecto para vivir?

-O Ensanche mellorou moito nos últimos anos, pero aínda queda moito por facer. Penso que máis que obras, falta corrixir unha serie de carencias, o que depende da boa vontade de todos. Dos políticos, pero tamén da xente, dos hostaleiros, dos empresarios, de nós mesmos.

-¿Non son moitos para poñerse de acordo?

-Pero paga a pena.

-¿Cales son as cousas que deben mellorar?

-A limpeza, por exemplo, fan falla máis camións, máis varredores polo día e, sobre todo, o Concello ten que implicarse máis para concienciar á xente. Hai que traballar máis a limpeza xeral; non poden estar as farolas cheas de pegadas. A imaxe hai que coidala. É certo que non é cousa só do Concello, tamén da xente, pero o Concello ten que facer cumprir as normas. Outra cuestión son os aparcamentos para motos; nós pedimos un reservado en Fernando III O Santo, pero non atenderon a petición. Se me ocorren outros, como a sinalización. Sabes que non hai ningún sinal no Ensanche para ir á Catedral; os turistas que aparcan nos aparcamentos do Ensanche teñen que preguntar por onde se vai á Catedral. É como se o Ensanche fora outra cidade.

-A proposta veciñal para a praza de Galicia era moi arriscada, pero na súa esencia estaba lograr a conexión Ensanche-casco...

-Exacto. Hai que cambiar o chip. Non se pode ir co coche a todas partes. Nós propoñiamos peatonalizar a Senra, nós cremos que non se pode cambiar só a praza. A remodelación da praza é unha oportunidade para facer unha reforma integral da zona, incluídas as rúas cercanas. Trátase de integrar, non de separar. Ao Ensanche fáltalle a conexión co casco histórico, aínda que algo mellorou; xa non é como hai 15 ou 20 anos, pero segue a ser unha realidade.

-¿Que vai significar a estación do AVE para o Ensanche?

-Outra oportunidade para escoitar aos veciños, pero están falando entre eles. Non hai información aos veciños, que ao final somos os que sufriremos as consecuencias. O plan o farán os técnicos, que certamente son expertos, pero os veciños coñecemos esta cidade e as súas particularidades. A estación é unha oportunidade para romper co illamento que supón a barreira da avenida do Hórreo. Temo que non escoitarán aos veciños, pero tampouco ao Colexio de Arquitectos, nin aos empresarios nin aos comerciantes. Non pedimos que fagan o que nós queremos, pero polo menos que escoiten como vemos nós o problema.

-¿Séntense os veciños escoitados polo Concello?

-Dende hai uns poucos meses un pouco máis, pero aínda poden mellorar moito. Coido que teñen unha idea equivocada dos veciños. Nós facemos críticas construtivas. Os veciños vivimos a diario cos problemas e moitas veces vemos cuestións que eles nin sequera se plantexaron.

-¿Por que non os escoitan?

-Quizais sexa medo, eu que sei. Eu creo na democracia participativa e os políticos só falan de democracia representativa.

-Participativa quere dicir intervir nas decisións políticas. ¿Aí pode estar o medo?

-A decisión final sempre a teñen eles. Nós non queremos tomar as decisións, pero tanto os veciños como outros colectivos teñen moito que dicir. Os proxectos están feitos por expertos que non viven a cidade, que non a coñecen como os que a vivimos a diario. Aportamos ideas, non queremos poñer atrancos. Hai que abrir debates, deles poden saír solucións para as cousas que afectan aos veciños.

Noutras zonas da cidade consideran que o Ensanche é o barrio mimado polo Concello. Pena non está de acordo.

-Non creo que sexa así. O Ensanche é o motor económico da cidade, é dinámico e está vivo. O Ensanche xera moitos recursos ao Concello. Pensa só nos aparcamentos, é unha fonte de ingresos. Pero, aínda que non podemos queixarnos en exceso, falta que nos teñan en conta cando fan cousas. Sempre se presentan as ideas pechadas, sen que poidas aportar cousas.

-¿O Ensanche superou o problema do ruído nocturno?

-Xa non ten nada que ver co que pasaba hai anos. Puntualmente, nalgún momento pode haber problemas, pero xa non é o que era. Agora estamos detectando un problema maior: o consumo de alcol dos adolescentes. Cada venres poden verse, cada vez máis, adolescentes bébedos. Os xoves tamén hai chavales, pero son algo maiores. O venres son rapaces e rapazas, de 15 ou 16 anos, borrachos e borrachas, tumbados na rúa, comas etílicos. Cada día hai máis. Coido que todos temos que poñer os medios para pór remedio a unha situación preocupante. Preocúpanos moito. Non sei quen é competente, pero son menores. ¿Onde están os pais?, ¿por que se lles vende alcol?. As autoridades locais traballaron moito na loita contra os excesos de horarios e mellorouse moito. Agora, pais, autoridades, educadores, policía, teñen que unirse para resolver o novo problema. Non é fácil, pero paga a pena.

ttp://www.lavozdegalicia.es/santiago/index.htm

 
http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2009/10/25/0003_8060419.htm
 
http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2009/10/25/0003_8060418.htm

2 comentarios

Caesarys -

howdy I am in search for people to come to my Guild Caesary come take a look. and join my army please! hawks raiders at http://www.lekool.com. Been playing Caesary game for 6 weeks. Caesary has been the best browser game in a long time!

Caesary
browser based
Game Videos
Game Videos

betoilhhfy -

Hi everyone

Nowadays getting a good job is not an easy task.
If you are looking for a job check out an interesting Headhunters directory.
Thanks to them i found a specialized headhunter and i got a new job.
Hope you find a nice job too!