Blogia
RAIGAME

Ruido de camións. Imposible durmir...

 

Ilmo. Sr. :

 

        Trasladámoslle o malestar veciñal, ante a imposibilidade de descansar polas madrugadas, debido a descarga de camións .

     A partires das 6 da mañá, empezan a chegar camións  para descargar en Carrefour Express ( Montero Ríos,33 ).

 

     Hai dous tipos de transporte :

 

 -Os perecedoiros: co seu motor de frío funcionando permanentemente – Un ruído moi forte na madrugada-.

- A paquetería : descargando palets de material desde a isleta, e levados ata o almacén cunha transpaleta anticuada e ruidosa,   a máis non poder.

 

    Esta situación repítese tódalas mañás,  de luns a venres, coa conseguinte molestia para os veciños e residentes na rúa Montero Ríos.

     Desde a asociación de veciños, solicitamos unha actuación inmediata do Concello que concilie o dereito o descanso, co dereito ao comercio...

     Na actualidade, existen medios para evitar o ruído de motores frigoríficos e xa non digamos dos rodamentos.

     Apelamos a súa sensibilidade para poñer fin a estas eivas, que impiden o elemental dereito a saúde dos veciños.

 

        En Santiago, a  18 de Febreiro de 2010

 

 

 

 

Asinado:

Xunta directiva de Raigame

 

 

Nº rexistro :8982

0 comentarios