Noites sen descanso...
Ilmo. Sr. :
Trasladámoslle o malestar veciñal, ante a imposibilidade de descansar pola noite, na zona comprendida entre a Praza de Vigo, Rúa Nova de Abaixo, Santiago del Estero.
Nos últimos tempos, as queixas dos residentes aumentan considerablemente polos tombos, berros, ouveos, pelexas , golpes.... que se producen nas noites da semana, a partires do martes, e ata o sábado :
Son zonas especialmente conflictivas :
- Cruce da Rúa Nova con Santiago del Estero: diante do “Guayaba”
- Galerías Belén nº 10 da Rúa Nova de Abaixo. : fronte a “Central Perk “
- Santiago del Estero
- Santiago de Chile desde Frei Rosendo Salvado ata Praza de Vigo
Hai moitos rapaces, cada vez máis novos, que son particularmente conflictivos ; violentos: se non pelexan entre eles, golpean o mobiliario urbano e mesmo as portas e portais das comunidades.
Ante esta degradación na convivencia, cada vez máis acusada, solicitamos unha actuación enérxica do Concello que V.I. preside :
- cunha maior presencia e actuación inmediata, da Policía Local, nas horas problemáticas : a partir das tres (3) da mañá : cando a xente segue nas rúas , en moi malas condicións
- cunha coordinación efectiva e práctica co resto das institucións : Xunta, Goberno de España...a fin de levar a cabo eficazmente as competencias de todos, para evitar estas situacións - que se repiten cada vez máis, diante do abandono de funcións dos organismos oficiais.
Non podemos deixar que a situación se deteriore máis.
Se o Concello non actúa, desde esta asociación veciñal estudiaremos medidas para erradicar un incivismo tan pernicioso, e facilitar o dereito o descanso dos veciños.
En Santiago, a 18 de Febreiro de 2010
Asinado:
Xunta directiva de Raigame
Nº rexistro 8982
0 comentarios