Blogia
RAIGAME

Noites sen descanso...

 

Ilmo. Sr. :

        Trasladámoslle o malestar veciñal, ante a imposibilidade de descansar pola noite, na zona comprendida entre a Praza de Vigo, Rúa Nova de Abaixo, Santiago del Estero.

        Nos últimos tempos, as queixas dos residentes aumentan considerablemente polos tombos, berros, ouveos, pelexas , golpes.... que se producen nas noites da semana, a partires do martes, e ata o sábado :

        Son zonas  especialmente conflictivas : 

 - Cruce da Rúa Nova con Santiago del Estero: diante do “Guayaba”

  - Galerías Belén nº 10 da Rúa Nova  de Abaixo. : fronte a “Central Perk “

  -  Santiago del Estero

-  Santiago de Chile desde Frei Rosendo Salvado ata Praza de Vigo

 

       Hai moitos rapaces, cada vez máis novos, que son particularmente conflictivos ; violentos: se non pelexan entre eles, golpean o mobiliario urbano e mesmo as  portas e portais das comunidades.

 

      Ante esta degradación na convivencia, cada vez máis acusada,  solicitamos unha actuación enérxica do Concello que V.I. preside :

 

 -  cunha maior presencia  e actuación  inmediata, da Policía Local, nas horas problemáticas : a partir das tres (3) da mañá : cando a xente  segue nas rúas , en moi malas condicións

 

-  cunha coordinación efectiva e práctica co resto das institucións : Xunta, Goberno de España...a fin de levar a cabo eficazmente as competencias de todos, para evitar estas situacións  - que se repiten cada vez máis, diante do abandono  de funcións  dos organismos oficiais.

 

        Non podemos deixar que a situación se deteriore máis.

Se o Concello non actúa, desde esta asociación veciñal estudiaremos medidas para erradicar un  incivismo tan pernicioso, e facilitar o dereito o descanso dos veciños.

 

        En Santiago, a  18 de Febreiro de 2010

Asinado:

Xunta directiva de Raigame

Nº rexistro 8982

0 comentarios