- No Ano Santo...segue a degradación da " movida" -
Ilmo. Sr.
Novamente, dámoslle traslado dos problemas causados pola “movida” semanal que se producen, basicamente, nas noites de mércores a sábado, no ensanche compostelán.
Son tres tipos de feitos, cada vez más habituais :
a) actos de vandalismo e porcallada : Arrincan buzons, apliques, bombillas , deterioran portais. Beben, mexan e vomitan, sen control e emporcallan todo : desde entradas de comunidades de vivendas, ata os espazos públicos.
b) Ruídos molestos : Falan a berros, oubean, cantan, tocan nos telefonillos, etc..
c) Pelexas : Xa é habitual que cada noite de”movida” haxa pelexa multitudinaria....diante do “Guayaba”
Entendemos que por parte do Concello que V.I. preside, hai unha deixación de funcións , pois non se actúa coa dilixencia necesaria para :
-evitar actos vandálicos, pelexas, deterioro do mobiliario
-facilitar o elemental dereito o descanso dos veciños
-facer cumprir a lei de horarios e as ordenanzas de convivencia
Polo tanto, demandámoslle que, de inmediato, tome as medidas oportunas para poñer fin a estes problemas , antes de que ocurra unha desgracia ou se deteriore irremediablemente a convivencia na zona
É fundamental que haxa unha presencia policial abondosa pola noite : se non pode ser Local, que sexa Nacional, ou Autonómica.
Abondosa, habitual e traballadora.
Con esa presencia e ese traballo, estaría solucionado a maior parte do problema.
Estamos dispostos a reunirnos con vostede e cos seus colaboradores para transmitirlle a gravidade da situación .
En Santiago, 22 de marzo 2010
Xunta directiva da A.Vv. Raigame
Nº rexistro : 15013
0 comentarios