Blogia
RAIGAME

- No Ano Santo...segue a degradación da " movida" -

 

Ilmo. Sr.

   Novamente, dámoslle traslado dos problemas causados pola “movida” semanal que se producen, basicamente, nas noites de mércores a sábado, no ensanche compostelán.

 

 Son tres tipos de feitos, cada vez más habituais :

 

a)       actos de vandalismo e porcallada : Arrincan buzons, apliques, bombillas , deterioran portais. Beben, mexan  e vomitan, sen control e emporcallan todo : desde entradas de comunidades de vivendas, ata os espazos públicos.

 

b)      Ruídos molestos : Falan a berros, oubean, cantan, tocan nos telefonillos, etc..

 

 

c)       Pelexas : Xa é habitual que cada noite de”movida” haxa pelexa multitudinaria....diante do “Guayaba”

 

 

Entendemos que por parte do Concello que V.I. preside, hai unha deixación de funcións , pois non se actúa coa dilixencia necesaria para :

 

-evitar actos vandálicos,  pelexas, deterioro do mobiliario

-facilitar o elemental dereito o descanso dos veciños

-facer cumprir a lei de horarios e as ordenanzas de convivencia

 

Polo tanto, demandámoslle que, de inmediato, tome as medidas oportunas para poñer fin a estes problemas , antes de que ocurra unha desgracia ou se deteriore irremediablemente a convivencia na zona

       É fundamental que haxa unha presencia policial abondosa pola noite : se non pode ser Local, que    sexa Nacional, ou Autonómica.

Abondosa, habitual e traballadora.

Con esa presencia e  ese traballo, estaría solucionado a maior parte do problema.

Estamos dispostos a reunirnos con vostede e cos seus colaboradores para transmitirlle a gravidade da situación .

 

En Santiago, 22 de marzo 2010

Xunta directiva da A.Vv. Raigame

 

 

 

Nº rexistro : 15013

0 comentarios