Blogia
RAIGAME

Traslado de médicos e persoal sanitario do Ambulatorio Concepción Arenal

A Xunta Directiva de Raigame, que presido, diante da vista xudicial que se vai celebrar, relativa ao traslado de médicos e persoal sanitario do Ambulatorio Concepción Arenal  quere manifestar publicamente:

  

1.-

     Reiteramos o expresado nos nosos escritos de data 21 de Abril de 2008, dirixidos o Concello de Santiago e a Xunta de Galicia ( Consellaría de Sanidade ).

     Debe reconsiderarse unha decisión tan importante que afecta a milleiros de pacientes do Ensanche.

  

2.-

    O noso entender, non se poden adoptar unhas medidas que atinxen a tantas persoas maiores -habituadas a unha rutina, con dificultades para desprazarse-  sen que tanto médicos, persoal sanitario e veciños coñezan, valoren e asuman, as melloras de tal decisión.

  

3.-

   Dito o anterior, pedimos que os médicos e persoal sanitario continúen no Ambulatorio, ata que se chegue a unha solución negociada, razoada e aceptada por todos.

 

 

En Santiago, a 12 de xuño de 2008

Asinado:

Xaquín Mato Castro

(Presidente da Asociación de Veciños Raigame )

 

0 comentarios