Blogia
RAIGAME

Panadeiras

Prezado asociado:

 

                Poñémonos en contacto con vostede, para darlle conta do acordo tomado o día 6 de xuño, pola xunta directiva de Raigame.

 

               En coherencia coa nosa preocupación veciñal polas xentes e comercios do barrio, queremos manifestar publicamente o noso apoio as catro (4 ) ex- empregadas da panadería ubicada no número 17 da Rúa Nova de Abaixo, que están tratando de abrir un negocio, no que traballaron perante case vinte anos, o cal  pechou sen avisar o día 3 de abril de 2008.

 

               Valoramos positivamente o mérito que teñen estas mulleres, dispostas a emprender unha nova  xeira, sen arredarse ante as dificultades que, nestes tempos, se lles presentan ( créditos , alugueres , moitas horas de traballo diario, acadar clientela....).

 

               Se o número 17 da Rúa Nova de Abaixo era un clásico no eido das panaderías foi debido, en gran parte, o traballo destas mulleres que -agora - tratan de saír adiante por si mesmas.

 

               Por todo iso, e por propia iniciativa desta directiva , pedimos o apoio de tódolos veciños e socios da Asociación de Veciños Raigame, cando – aló por Agosto – estas mulleres valentes  abran o público.

 

                E facémolo público agora por se, a elas, lles axuda para saír adiante - nesa loita diaria- na procura do seu futuro.

 

Santiago, xuño 2008

 

Xunta directiva:

  

Agustín Pena - Andrés Lustres - Javier Vilas - José A.Alvite - Luis Prados - María Jesús Rodriguez - Xaquín Mato

      

0 comentarios