Traslado de médicos e persoal sanitario do Ambulatorio Concepción Arenal
A Xunta Directiva de Raigame, que presido, diante da vista xudicial que se vai celebrar, relativa ao traslado de médicos e persoal sanitario do Ambulatorio Concepción Arenal quere manifestar publicamente:
1.-
Reiteramos o expresado nos nosos escritos de data 21 de Abril de 2008, dirixidos o Concello de Santiago e a Xunta de Galicia ( Consellaría de Sanidade ).
Debe reconsiderarse unha decisión tan importante que afecta a milleiros de pacientes do Ensanche.
2.-
O noso entender, non se poden adoptar unhas medidas que atinxen a tantas persoas maiores -habituadas a unha rutina, con dificultades para desprazarse- sen que tanto médicos, persoal sanitario e veciños coñezan, valoren e asuman, as melloras de tal decisión.
3.-
Dito o anterior, pedimos que os médicos e persoal sanitario continúen no Ambulatorio, ata que se chegue a unha solución negociada, razoada e aceptada por todos.
En Santiago, a 12 de xuño de 2008
Asinado:
Xaquín Mato Castro
(Presidente da Asociación de Veciños Raigame )
0 comentarios