Festividade de San Xoán no 2009
ILMO. SR. CONSELLEIRO DE TRABALLO
XUNTA DE GALICIA
Asunto: Festividade de San Xoán no 2009
ILMO. SR.
Os representantes veciñais do Consello de Relacións Veciñais do Concello de Santiago, abaixo asinantes, a V.I.
E XP O Ñ E N
a) No vindeiro ano 2009, coinciden en domingo os seguintes festivos :
.- 17 Maio: (Letras Galegas )
.- 1 de novembro ( Tódolos Santos )
.- 6 de Decembro ( Constitución )
b) Na noite do 23 ó 24 de xuño, ten lugar unha das Festas de máis arraigo popular na cultura galega: A Cacharela de San Xoán.
É unha celebración do solsticio de verán, que segue a ter unha participación popular masiva.
En calquera vila ou cidade galega, hai milleiros de luminarias, con ou sen sardiñadas, que - ano tras ano- fan desta Festa, unha das grandes celebracións galegas anuais...
c) Centos de Asociacións Galegas (veciñais e doutros ámbitos ) están a traballar por recuperar o día 24 de xuño como festivo: Rematan Cursos, Actividades, chega o verán. É unha data que ten moitísimo simbolismo para tódolos galegos.
Tendo en conta o dito anteriormente, e considerando as circunstancias do ano 2009,
S O L I C I T A M O S
Que por parte da Xunta de Galicia, e mediante decreto da Consellaría que V.I. dirixe, sexa declarado festivo -na nosa Comunidade- o mércores día 24 de xuño de 2009, atendendo a todo o expresado anteriormente.
En Santiago, a 23 de xullo de 2008
Asinan:
María Teresa Barral
Agustín Pena
Juan José Álvarez
Xosé Martínez
Carta enviada por Raigame (Copia)
0 comentarios