Blogia
RAIGAME

Festividade de San Xoán no 2009

ILMO. SR. CONSELLEIRO DE TRABALLO

XUNTA DE GALICIA

 

Asunto: Festividade de San Xoán no 2009

 

ILMO. SR.

 

          Os representantes veciñais do Consello de Relacións Veciñais do Concello de Santiago, abaixo asinantes, a V.I.

 

E XP O Ñ E N

 

        a)  No vindeiro ano 2009, coinciden en domingo os seguintes festivos :

 

.- 17 Maio: (Letras Galegas )

.- 1 de novembro ( Tódolos Santos )

.- 6 de Decembro ( Constitución )

 

      b)  Na noite do 23 ó 24 de xuño, ten lugar unha das Festas de máis arraigo popular na cultura galega: A Cacharela de San Xoán.

         É unha celebración do solsticio de verán, que segue a ter unha participación popular masiva.

            En calquera vila ou cidade galega, hai milleiros de luminarias, con ou sen sardiñadas, que - ano tras ano- fan desta Festa, unha das grandes celebracións galegas anuais...

 

    c) Centos de Asociacións Galegas (veciñais e doutros ámbitos ) están a traballar por recuperar o día 24 de xuño como festivo: Rematan Cursos, Actividades, chega o verán. É unha data que ten moitísimo simbolismo para tódolos galegos.

 

         Tendo en conta o dito anteriormente, e considerando as circunstancias do ano 2009,

 

S O L I C I T A M O S

 

       Que por parte da Xunta de Galicia, e mediante decreto da Consellaría que V.I. dirixe, sexa declarado festivo -na nosa Comunidade- o mércores día 24 de xuño de 2009, atendendo a todo o expresado anteriormente.

 

 En Santiago, a 23 de xullo de 2008

Asinan:

María Teresa Barral

Agustín Pena

Juan José Álvarez

Xosé Martínez

 

Carta enviada por Raigame (Copia)

   

 

     

0 comentarios