Proposta de candidatura ó premio Vagalume
XVI Edición do premio VAGALUME –Novembro 2008 –
A Asociación de Veciños Raigame e os catro representantes veciñais urbanos no Consello de Relacións Veciñais de Santiago, todos abaixo asinantes, presentan a candidatura, ó premio Vagalume (individual ), de XOSÉ LOIS VEIGA GOI, xogador, monitor, mestre e auténtico impulsor do xadrez compostelán.
Veiga, como é coñecido popularmente en toda a cidade, é un pioneiro e un divulgador incansable deste deporte minoritario, pero atractivo é valioso para a formación de nenas e nenos.
Se facemos unha enquisa entre os pais que levan ou levaron ós seus fillos a actividades complementarias ou extra-escolares, todos falarían de Veiga e o seu maxisterio pedagóxico cos máis pequenos no pavillón da USC, o pé das piscinas universitarias: cunha paciencia infinita e un sorriso – nunca un mal xesto – Veiga ensinou os rudimentos do xadrez, a milleiros de nenos composteláns, só coa única recompensa da satisfacción e ledicia, pola progresión no xogo e na instrucción dos alumnos.
E cando, desde o colectivo veciñal, chamamos a súa porta para organizar campionatos ou festas de xadrez, sempre estivo disposto e optimista: facía chamadas, carrexaba os taboleiros, orientábanos en todo canto descoñecíamos e, o final, aínda curaba as feridas dos que non aceptaban a derrota....
E, para rematar, aínda que solo fose polo seu mérito deportivo, a cidade de Santiago, pode estar ben orgullosa de Xosé Lois Veiga Goi: un dos moitos froitos do seu desinteresado ensino é DIEGO SUAREZ POUSA ( n.1976 ) o primeiro compostelán Mestre Internacional de Xadrez ( 2431 puntos ELO ).
En Santiago de Compostela, novembro de 2008
Asinan:
O Presidente da A.Vv. Raigame e os catro representantes urbanos no Consello de Rr.Vv.:
Xaquín Mato Castro / María Teresa Barral Ameigeiras / Juan José Álvarez Carril / Agustín Pena Herva / Xosé Martínez Otero
0 comentarios