29 de Decembro
Nesta data fomos recibidos pola Concelleira de Tráfico e Seguridade Cidadá, e tamén polo Concelleiro de Vías e Obras.
Falamos dos temas que detallamos a continuación e dos cales deixamos copia no Concello...
( para máis información, como sempre,os interesados deben contactar con nós, e así poder quedar no Local : Praza de Vigo 1, 1º C )
Guión entrevista día 29
Seguridade e mobilidade: O botellón nas Galerías . Consecuencias . Solucións
Tráfico : Velocidade, ruído escapes, motos....(colocación de bandas transvesales para aminorar a velocidade ). Ver fotos esquina Iacobus e axuntar relato e proposta de Luis Prados
Ruído: En Montero Ríos: Os camións de Gadis e Carrefour, co motor de refrixeración acendido, e cos traspalets recorrendo as beirarrúas , desde as 6,30 da mañá...Queixas das comunidades que non poden durmir nin descansar a partir desa hora.
Limpeza – Sucidade: Situación da empresa concesionaria. Non pasan os barrendeiros, horario do camión cisterna, mollar en vez de limpar...
A Reciclaxe: incumprimento sistemático: tirar cartós en orgánicos, madeira, etc..horarios, ( sancións ? ) contedores pequenos...
Situación da Praza de Vigo: Deterioro. Solución as pombas
Axuntaranse copias dos escritos presentados, sobre os temas anteriores
Por Raigame, asisten: Xaquín Mato, Agustín Pena, Javier Vilas, Luis Prados, Andrés Lustres
0 comentarios