Blogia
RAIGAME

1415

Ese é o número de rexistro municipal que lle puxeron o escrito presentado o día 12 de xaneiro de 2009, relativo o problema das pombas na Praza de Vigo. ( ver copia )

 

Asunto: O problema das pombas na Praza de Vigo

  

Ilmo. Sr.:

 

          Logo de ter unha xuntanza cos presidentes das comunidades de veciños dos números 2, 4, e 6 da Avda. de Vilagarcía, que representan a máis de 83 familias-   sen contar os  baixos comerciais e oficinas que   alí desenvolven a súa actividade -

 

EXPOÑEMOS:

 

      Desde a inauguración da Praza de Vigo, coa súa fonte de auga, instalouse alí unha pequena colonia de pombas.

      Nos últimos anos, debido, basicamente, a que algunhas persoas danlle de comer as pombas, tanto desde os edificios como desde a Praza, este asentamento de aves aumentou o seu número considerablemente,  causando graves problemas ós residentes, que enumeramos:

 

-Excrementos: as abondosas defecacións das pombas afectan ós veciños para entrar e saír, dos portais, dos garaxes...mesmo aos viandantes, para andar polas beirarrúas, e por suposto aos negocios dos baixos...( a cafetería Capri, paga impostos pola terraza e non pode facer uso dela ).

Tellados e fachadas sofren tamén a agresión continuada dos milleiros de deposicións diarias: un “abono” avícola que deteriora, polas súas características, todo canto se lle pon por diante: tellas, pintura, etc..

 

-Sanidade: As pombas levan no seu prumaxe milleiros de mosquitos -case microscópicos -, que son unha auténtica epidemia nas ventás e balcóns dos edificios: así, non se poden ventilar os pisos pois as fiestras están pechadas ( está demostrado que os mosquitos son transmisores de enfermidades )

 

-Habitabilidade: É difícil convivir con milleiros de pombas que só danan o día a día das persoas: - os negocios teñen menos xente (ou pechan ); - hai que entrar e saír sempre alerta, escapando das feces pombeiras ; - enfrontamentos entre residentes – hai unha persoa que alimenta diariamente esta colonia de pombas e que reside no número seis (6) ...

 

É, por todo o exposto,  que

 

  

 

SOLICITAMOS:

 

  

I)                   Unha reunión cos responsables do Concello en  Sanidade, e Medio Ambiente, para - entre todos-  acadar unha solución inmediata. 

 

II)                 Que o Axuntamento poña, xa, un cartel na Praza de Vigo, prohibindo darlle de comer ás pombas.

 

III)              Que, tamén, envíe a tódolos residentes das tres comunidades citadas, unha carta avisando desta prohibición, e advertindo das sancións por incumprimento.

 

 

IV)              Que, temporalmente, o Concello mande unha patrulla pola zona, tódolos días – entre as 14 h. e as 16 h.-  para verificar que, nese intervalo, hai sempre unha muller que reparte tres (3) bolsas , alomenos, de alpiste..(Irascible : non se lle pode dicir nada ! )

 

Por todo o dito, e agardando non chegar ás medidas xudiciais que os residentes están dispostos  a tomar contra o Concello que V.I. preside

( Existen sentencias favorables ós veciños en casos similares de Oviedo e Valencia )

quedamos na espera da súa chamada para falar e solucionar este problema.

 

   En Santiago a 12 de Xaneiro de 2009

 

  

Asinado:

Xaquín Mato (presidente )

    

 

 

0 comentarios