Se muestran los artículos pertenecientes a Febrero de 2010.
Ruido de camións. Imposible durmir...
Ilmo. Sr. :
Trasladámoslle o malestar veciñal, ante a imposibilidade de descansar polas madrugadas, debido a descarga de camións .
A partires das 6 da mañá, empezan a chegar camións para descargar en Carrefour Express ( Montero Ríos,33 ).
Hai dous tipos de transporte :
-Os perecedoiros: co seu motor de frío funcionando permanentemente – Un ruído moi forte na madrugada-.
- A paquetería : descargando palets de material desde a isleta, e levados ata o almacén cunha transpaleta anticuada e ruidosa, a máis non poder.
Esta situación repítese tódalas mañás, de luns a venres, coa conseguinte molestia para os veciños e residentes na rúa Montero Ríos.
Desde a asociación de veciños, solicitamos unha actuación inmediata do Concello que concilie o dereito o descanso, co dereito ao comercio...
Na actualidade, existen medios para evitar o ruído de motores frigoríficos e xa non digamos dos rodamentos.
Apelamos a súa sensibilidade para poñer fin a estas eivas, que impiden o elemental dereito a saúde dos veciños.
En Santiago, a 18 de Febreiro de 2010
Asinado:
Xunta directiva de Raigame
Nº rexistro :8982
Noites sen descanso...
Ilmo. Sr. :
Trasladámoslle o malestar veciñal, ante a imposibilidade de descansar pola noite, na zona comprendida entre a Praza de Vigo, Rúa Nova de Abaixo, Santiago del Estero.
Nos últimos tempos, as queixas dos residentes aumentan considerablemente polos tombos, berros, ouveos, pelexas , golpes.... que se producen nas noites da semana, a partires do martes, e ata o sábado :
Son zonas especialmente conflictivas :
- Cruce da Rúa Nova con Santiago del Estero: diante do “Guayaba”
- Galerías Belén nº 10 da Rúa Nova de Abaixo. : fronte a “Central Perk “
- Santiago del Estero
- Santiago de Chile desde Frei Rosendo Salvado ata Praza de Vigo
Hai moitos rapaces, cada vez máis novos, que son particularmente conflictivos ; violentos: se non pelexan entre eles, golpean o mobiliario urbano e mesmo as portas e portais das comunidades.
Ante esta degradación na convivencia, cada vez máis acusada, solicitamos unha actuación enérxica do Concello que V.I. preside :
- cunha maior presencia e actuación inmediata, da Policía Local, nas horas problemáticas : a partir das tres (3) da mañá : cando a xente segue nas rúas , en moi malas condicións
- cunha coordinación efectiva e práctica co resto das institucións : Xunta, Goberno de España...a fin de levar a cabo eficazmente as competencias de todos, para evitar estas situacións - que se repiten cada vez máis, diante do abandono de funcións dos organismos oficiais.
Non podemos deixar que a situación se deteriore máis.
Se o Concello non actúa, desde esta asociación veciñal estudiaremos medidas para erradicar un incivismo tan pernicioso, e facilitar o dereito o descanso dos veciños.
En Santiago, a 18 de Febreiro de 2010
Asinado:
Xunta directiva de Raigame
Nº rexistro 8982
Cobros, 2010 . Aberto o prazo...
Asunto : Cobros, 2010
Prezado socio :
Mediante a presente comunicamos que abrimos o prazo de pagamento das cotas de asociado, a partires do martes día 2 de marzo, co seguinte calendario :
Importe anual : 10 euros
Días de pago : martes e xoves
Horario : de 19,30 a 21,00 h.
Sitio : Centro O Ensanche - Frei Rosendo Salvado 14 –
Último día : martes 30 de marzo.
Agradecido pola súa fidelidade, saúdos veciñais
Asdo.
Xaquín Mato
(presidente )
Mudámonos !. Ver enderezo e teléfono ....Febreiro 2010
Mediante a presente comunicamos que o noso novo enderezo e domicilio social é :
Asociación de Veciños Raigame
-Centro S.C. e Xuvenil o Ensanche –
Rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16
15701 SANTIAGO
Rogamos tomen nota pois o Local da Praza de Vigo, pechou definitivamente.
Para calquera dúbida escríbannos o noso correo electrónico raigame@telefonica.net
ou chámennos , a partir das 19,00h. , ó 699191044



